![A playlist de...#8: Teresa Casal](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/31f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/573f466804-20160520-patxot-dia-policia-003.jpg)
A playlist de...#8: Teresa Casal
Ven | 21:00 | 22:20
Teresa Casal García. Rebelde por natureza, esta avogada pontevedresa ven de demostrar valentía, quizá tamén por rebeldía. Afirma durante esta playlist que o Centro Asociado da Uned en Pontevedra foi como "un cuarto fillo", que adora a cidade de Santiago, pero non abandona por nada a súa "Pontevedriña". Tres duras circunstancias producíronse case ao unísono, pero o seu neto Javier chegou para facer que "Marité", como di nunha das cancións da súa selección, fose "como o xunco que se dobra pero sempre segue en pé".