A playlist de...#17: Gerardo Lorenzo

A playlist de...#17: Gerardo Lorenzo

Ven | 21:00 | 22:37

Como canta Loquillo: "a miña fama precederame ata o infinito e máis aló"...e debe ser isto o que lle ocorre a Gerardo Lorenzo.  Hai algunhas contra as que se rebela: afirma ser "máis zurdo" do que lle atribúen, nega a súa amizade co presidente do Goberno ou a de ser un conquistador. Licenciado en Medicina, exerceu poucos anos esta profesión. Empresario en diversos ámbitos, a súa nai, conta "non sabe explicar ás súas amigas a que me dedico". A pesar de ser ex presidente do Pontevedra Club de Fútbol declárase "máis da derrota", pero supoñemos que se refire ao terreo sentimental. Iso si, recoñécese "PTV" sempre e cuando non se entenda como algo pexorativo. E un último detalle: non lle convidedes a nada que leve alcol, queda co café e os refrescos de laranxa. 

A playlist de...

Venres ás 21.00 horas

Nós propoñemos un invitado; eles e elas fan a súa selección musical

A playlist de...#81 José Freire

Ven | 21:00 | 22:41

José Freire, axente do Corpo Nacional de Policía recentemente xubilado e asesor -na actualidade- do Sindicato Nacional de Policía (SUP).

Descargar
A playlist de...#81 José Freire
Fechar