![A playlist de...#15: Tino Lores](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/ade/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/577fc0ef7e-20160706-patxot-playlist-tino-lores-radio-094.jpg)
A playlist de...#15: Tino Lores
Ven | 21:00 | 22:17
Dun establecemento de hostalería de Sanxenxo, propiedade de Tino Lores, saíu a idea dunha ruta de camiñantes que co tempo converteuse no Camiño Portugués a Santiago. Na súa infancia non se chamaban nenos hiperactivos; pero así de inquieto era aquel rapaz, fillo de mestre e que cos anos continuou a vocación paterna. O "mozo yeyé" como o chamaban os seus irmáns, tivo que esperar a cumprir os 21 para que a súa nai, "unha muller moi recta" lle dera permiso para casar. Como el mesmo di: "o Camiño non me fixo rico en diñeiro, pero si rico en amigos" e é que pode presumir de telos por todo o mundo.