![A playlist de...#12: Juan Manuel Corbacho](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/272/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5763ec1c62-20160616-patxot-playlist-juan-manuel-corbacho-radio-061.jpg)
A playlist de...#12: Juan Manuel Corbacho
Ven | 21:00 | 22:13
Juan Manuel Corbacho é fillo de pontevedrés e caldelana, naceu en Alemaña. En Hannover viviu ata os 19 anos, cando a familia retornou da emigración e instaláronse en Pontevedra. Era o momento de incorporarse á vida universitaria e tanto que se incorporou!; licenciado en Publicidade e Relacións Públicas e en Tradución e Interpretación (fala cinco linguas). A súa vinculación coa entidade académica continuou como decano, posteriormente como profesor e desde 2014 como vicerreitor. Guiarse por estereotipos leva a erros; así que fora o traxe e a garavata e coñecemos a playlist de "Hans" con camiseta de Blur e cazadora bomber.