Sanidade notifica dous falecementos de pacientes de máis de 90 anos con covid na área sanitaria
Por Redacción
A área sanitaria de Pontevedra - O Salnés suma 220 falecementos con covid-19 desde que se iniciou a pandemia. A Consellería de Sanidade informaba este martes da morte durante a xornada do luns doutras dúas persoas. Trátase dun home de 90 anos, que falecía no Hospital do Salnés; e doutro home de 95 anos, que perdía a vida no Hospital Montecelo de Pontevedra.
Segundo a información facilitada por Sanidade, os dous pacientes contaban con outras enfermidades nos seus historiais médicos. A última vítima na área rexistrouse durante a xornada do domingo, un home de 77 anos, que falecía no seu domicilio de Sanxenxo. Desde o inicio do plan de continxencia por esta enfermidade curáronse 22.535 persoas, 129 máis que na xornada anterior.
Sanidade comunicaba tamén outra morte máis na provincia dunha persoa diagnosticada con coronavirus, un home de tan só 48 anos, que falecía no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. A estas vítimas súmanse outras dúas máis no resto de Galicia, unha muller de 76 anos, no Complexo Hospitalario da Coruña; e outra muller de 91 anos, no Complexo Hospitalario de Ourense. Segundo informan desde o Sergas, todas estas persoas contaban con outras enfermidades nos seus expedientes clínicos e non se traslada información sobre se recibiran as doses previstas de vacina.
Con estes decesos, Galicia alcanza a cifra de 2.735 mortes notificadas polas autoridades sanitarias desde o inicio desta pandemia.
Relacionadas:
-
Falece un home de 81 anos con covid en Montecelo, a oitava vítima nunha semana tráxica
Por Redacción |
-
Novo falecemento con covid na área sanitaria: un home de 88 anos no Salnés
Por Redacción |
-
Contaxios a ritmo de récord con 359 novos positivos por covid e 2.840 casos activos na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
A vítima 221 con covid na área sanitaria é un home de 90 anos
Por Redacción |
-
As celebracións de Nadal desbocan a realización de probas PCR con colas que rodean o Hospital
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A sexta onda eleva a 2.575 os casos activos de coronavirus en Pontevedra e O Salnés
Por Oskar Viéitez |
-
A terceira dose contra a covid-19 agarda xa aos galegos de 40 a 49 anos
Por Alejandro Espiño |
-
"Está a reducirse a actividade cirúrxica" ante a alta ocupación da UCI de Montecelo
Por Diego Espiño |
-
Os casos activos de covid superan a barreira dos 2.500 na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Un home de 77 anos falece con covid no seu domicilio de Sanxenxo
Por Redacción |