Falece un home de 81 anos con covid en Montecelo, a oitava vítima nunha semana tráxica
Por Redacción
Complétase unha semana dura no balance de falecementos na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Desde o pasado venres notificáronse oito mortes de persoas diagnosticadas de coronavirus.
A Consellería de Sanidade notificou este venres 24 de decembro unha soa morte en toda Galicia con covid-19. Trátase dun home de 81 anos, que se atopaba hospitalizado en Montecelo no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, onde as persoas ingresadas teñen unha media de idade de 60 anos e con casos de persoas que están na franxa dos 30 anos.
Segundo os informes médicos, presentaba outras patoloxías previas. Trátase da vítima 223 na área desde que se iniciou a medición de falecementos como consecuencia da pandemia. A anterior morte notificouse o xoves e tratábase doutro home, de 88 anos, que morría no Hospital do Salnés.
Desde o inicio do plan de continxencia por covid-19 curáronse 22.882 pacientes na área sanitaria, 141 máis que na xornada de onte.
Galicia suma 2.473 decesos desde o inicio da pandemia. As autoridades sanitarias lembran a importancia de manter as medidas de hixiene, distanciamento social e utilización de máscaras para evitar a proliferación de contaxios.
Relacionadas:
-
Nova morte dun paciente con covid en Montecelo, un home de 75 anos
Por Redacción |
-
Explosión de contaxios en Galicia
Por Oskar Viéitez |
-
3.245 casos activos na nosa área sanitaria, confirmados 360 novos desde onte
Por Oskar Viéitez |
-
Motivos dispares para facerse unha PCR
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Máis de tres mil casos activos na área sanitaria, que mantén chea a UCI de Montecelo
Por Alejandro Espiño |
-
Novo falecemento con covid na área sanitaria: un home de 88 anos no Salnés
Por Redacción |
-
A vítima 221 con covid na área sanitaria é un home de 90 anos
Por Redacción |
-
Sanidade notifica dous falecementos de pacientes de máis de 90 anos con covid na área sanitaria
Por Redacción |
-
Un home de 77 anos falece con covid no seu domicilio de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Unha muller de 70 anos, quinta vítima da covid esta semana na Área Sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Dous novos falecementos de pacientes con covid elevan a 216 o número de vítimas mortais na área sanitaria
Por Redacción |