"Está a reducirse a actividade cirúrxica" ante a alta ocupación da UCI de Montecelo
Por Diego Espiño
A situación actual da Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo, cunha alta ocupación de pacientes afectados pola covid (9 no último balance oficial do Sergas) fixo que se reduza a actividade cirúrxica nos últimos días no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e tamén no Salnés.
Así o confirmou o coordinador de hospitalización Covid e xefe de servizo de Aparello Dixestivo da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, Juan Turnes, ao recoñecer que "nos últimos días está a reducirse a actividade cirúrxica debido a que algúns dos pacientes que se operan necesitan despois da cirurxía estar unhas horas ou días ingresados nunha cama de intensivos e as nosas camas de intensivos están a verse presionadas estes días".
A pesar de que os números xerais é similar ao da pasada semana, asegura Turnes, a maior ocupación da UCI provoca esta situación. Ademais "hai algunhas pequenas diferenzas" como o perfil de persoas positivas por coronavirus ingresadas, cunha idade media "máis baixa".
De entre esas hospitalizacións, case 1 de cada 4 persoas ingresadas por covid son non vacinados, cun total de 9 "cando a semana pasada eran dúas ou tres".
Juan Turnes tamén explicou a presión á que se están empezando a ver sometidas as áreas de Urxencias ou a Atención Primaria pola irrupción da nova variante ómicron.
"Aínda que os síntomas sexan leves se se contaxian moitas máis persoas hai máis que van requirir asistencia sanitaria aínda que sexa por patoloxía leve, e iso é o que explica esta maior saturación en Primaria e en Urxencias", sinalou poñendo como exemplo que "sen na variante Delta de cada 100 persoas que se infectaban unha podía acabar ingresada coa vacina, coa variante ómicron por ser máis leve é probable que una de cada 200 acabe ingresada, pero o problema é que non se van a infectar 100, senón 1.000".
Relacionadas:
-
A vítima 221 con covid na área sanitaria é un home de 90 anos
Por Redacción |
-
As celebracións de Nadal desbocan a realización de probas PCR con colas que rodean o Hospital
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A sexta onda eleva a 2.575 os casos activos de coronavirus en Pontevedra e O Salnés
Por Oskar Viéitez |
-
Sanidade notifica dous falecementos de pacientes de máis de 90 anos con covid na área sanitaria
Por Redacción |
-
A terceira dose contra a covid-19 agarda xa aos galegos de 40 a 49 anos
Por Alejandro Espiño |
-
Os casos activos de covid superan a barreira dos 2.500 na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Un home de 77 anos falece con covid no seu domicilio de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Seguen as longas colas no Hospital Provincial para facer unha PCR
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Os ingresos hospitalarios por covid dispáranse ata os 54, con 9 persoas na UCI
Por Diego Espiño |