Novo falecemento con covid na área sanitaria: un home de 88 anos no Salnés
Por Redacción
Continúa o refacho de falecementos derivados da pandemia na área sanitaria durante esta semana. Nesta ocasión, a Consellería de Sanidade informaba da morte dun home de 88 anos, no Hospital do Salnés, que se converte na vítima 222 desde que se notifican os falecementos de pacientes con esta enfermidade na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.
A morte producíase o mércores pero ata este xoves 23, Saúde Pública non confirmou que o falecemento se producira cando o enfermo estaba infectado polo virus. A última morte se notifcou hai 24 horas e tratábase dun home de 90 anos que perdía a vida no Hospital Montecelo.
Desde o inicio do plan de continxencia curáronse 22.741 persoas, 94 máis que na xornada de onte.
Tamén na mesma xornada do mércores producíanse outras dúas mortes de pacientes diagnosticados por coronavirus en Galicia: un home de 63 anos, que falecía no Hospital de Povisa en Vigo e unha muller de 53 anos, que perdía a vida no Hospital de Valdeorras, en Ourense.
Os tres contaban con outras enfermidades nos seus historiais clínicos. A cifra de falecementos desde o inicio da pandemia ascende a 2.742 en toda Galicia.
Relacionadas:
-
Nova morte dun paciente con covid en Montecelo, un home de 75 anos
Por Redacción |
-
Falece un home de 81 anos con covid en Montecelo, a oitava vítima nunha semana tráxica
Por Redacción |
-
Máis de tres mil casos activos na área sanitaria, que mantén chea a UCI de Montecelo
Por Alejandro Espiño |
-
O Auditorio de Vilagarcía acollerá dende este venres un servizo de test de antíxenos gratuíto
Por Oskar Viéitez |
-
Contaxios a ritmo de récord con 359 novos positivos por covid e 2.840 casos activos na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
A vítima 221 con covid na área sanitaria é un home de 90 anos
Por Redacción |
-
Sanidade notifica dous falecementos de pacientes de máis de 90 anos con covid na área sanitaria
Por Redacción |