Feijóo asegura estar convencido de que haberá transporte metropolitano en Pontevedra
Por Redacción
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, mostrou o seu convencemento de que o municipio de Pontevedra terá transporte metropolitano. Díxoo este venres no acto de inauguración da Autovía do Morrazo.
Fronte á tese que sostén o goberno local do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores o titular do executivo galego insistiu en que na cidade do Lérez "hai que deseñar un transporte metropolitano sen autobús urbano porque non existe".
Xunto ao presidente Feijóo cando facía estas declaracións atopábase a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, que telefonou ao alcalde da capital para propoñerlle dúas datas, o 21 e o 25 de maio, para celebrar unha reunión na que abordar o futuro plan de transporte metropolitano.
A día de hoxe as administracións local e autonómica discrepan sobre varios aspectos do plan que a Xunta quere poñer en marcha o próximo mes de xaneiro. O concello expón a creación dunha comisión técnica que estude con detalle unha proposta para a área metropolitana pontevedresa.
Relacionadas:
-
Ethel Vázquez advirte que sen Pontevedra o plan de transporte metropolitano "non ten sentido"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Ponte Caldelas pide incluír A Lama no plan de transporte metropolitano de Pontevedra
Por Redacción |
-
Concello e Xunta estudan implantar un transporte público "racional e eficiente"
Por Redacción |
-
Empeza o "traballo de campo" para adaptar o plan de transporte público de Galicia "ás necesidades reais"
Por Oskar Viéitez |
-
Marea pide ao Concello que "leve o volante" da comarca na implantación do transporte metropolitano
Por Diego Espiño |
-
O alcalde da Lama considera un erro imperdoable quedar fóra do plan de transporte metropolitano
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O PP esixe a adhesión de Pontevedra ao Plan de Transporte Metropolitano da Xunta
Por Paula Sanmartín & Oskar Viéitez |
-
A Xunta convoca o alcalde de Pontevedra a unha xuntanza para abordar o transporte metropolitano na comarca
Por Oskar Viéitez |
-
Moreira ve unha "trampa" a comisión técnica proposta polo BNG para o transporte metropolitano
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello propón á Xunta crear unha "comisión técnica bilateral" sobre o transporte público
-
O Concello de Pontevedra, defraudado co "trágala" da Xunta, quere estudar o plan de transporte metropolitano
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |