Moreira ve unha "trampa" a comisión técnica proposta polo BNG para o transporte metropolitano
Por Oskar Viéitez
O portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Jacobo Moreira, pide á Xunta de Galicia "que non entren na trampa do BNG de Lores" tras coñecer, a través dos medios de comunicación, as intencións do goberno local de "atrasar" a implantación do transporte metropolitano en Pontevedra "escusándose" na creación dunha comisión técnica.
Segundo Moreira, "propoñen a creación dunha comisión e a elaboración de estudios previos co único obxectivo de dilatar este asunto no tempo e así non facer nada".
Neste sentido, o portavoz dos populares no Concello de Pontevedra lembrou que "os nacionalistas poderían remitir as súas achegas á Xunta de Galicia posto que todas as canles están abertas" e por iso "non hai necesidade" desta comisión.
Para o PP o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores "dá prioridade aos seus intereses partidistas fronte ao interese colectivo dos pontevedreses", e sinala que "outros alcaldes nacionalistas como o de Poio ou o de Bueu aplauden a implantación do transporte metropolitano".
Relacionadas:
-
O PP esixe a adhesión de Pontevedra ao Plan de Transporte Metropolitano da Xunta
Por Paula Sanmartín & Oskar Viéitez |
-
Feijóo asegura estar convencido de que haberá transporte metropolitano en Pontevedra
Por Redacción |
-
A Xunta convoca o alcalde de Pontevedra a unha xuntanza para abordar o transporte metropolitano na comarca
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello propón á Xunta crear unha "comisión técnica bilateral" sobre o transporte público
-
O Concello de Pontevedra, defraudado co "trágala" da Xunta, quere estudar o plan de transporte metropolitano
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Sanxenxo, Moraña e Bueu elevan a doce concellos o plan de transporte metropolitano de Pontevedra
Por Redacción |