A Xunta convoca o alcalde de Pontevedra a unha xuntanza para abordar o transporte metropolitano na comarca
Por Oskar Viéitez
A Xunta de Galicia convoca ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, a unha xuntanza para abordar a posición do concello con respecto ao plan de transporte metropolitano de Pontevedra e o plan de reorganización integral dos servicios de autobús en Galicia.
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, remitiu este xoves unha carta ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, para amosar a súa disposición para tratar estes dous asuntos.
Vázquez Mourelle explica que o plan de transporte metropolitano é unha iniciativa social e ambiental moi beneficiosa, que a Xunta pode poñer en servizo este mesmo ano se conta coa colaboración do Concello de Pontevedra.
Apunta que "ninguén entendería demorar os beneficios do transporte metropolitano un ano".
Engade que a Xunta está a traballar na reorganización integral dos servizos de autobús na comunidade, que prevé profundizar en sistemas como o transporte compartido e o autobús a demanda, de interese para o concello.
Lembra que o concello fixa un cronograma "incompatible" coa data fixada para ter en marcha o plan de transporte público de Galicia, o que implica o risco de que a cidade quede sen transporte público.
Relacionadas:
-
Empeza o "traballo de campo" para adaptar o plan de transporte público de Galicia "ás necesidades reais"
Por Oskar Viéitez |
-
Marea pide ao Concello que "leve o volante" da comarca na implantación do transporte metropolitano
Por Diego Espiño |
-
O alcalde da Lama considera un erro imperdoable quedar fóra do plan de transporte metropolitano
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O PP esixe a adhesión de Pontevedra ao Plan de Transporte Metropolitano da Xunta
Por Paula Sanmartín & Oskar Viéitez |
-
Feijóo asegura estar convencido de que haberá transporte metropolitano en Pontevedra
Por Redacción |
-
Moreira ve unha "trampa" a comisión técnica proposta polo BNG para o transporte metropolitano
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello propón á Xunta crear unha "comisión técnica bilateral" sobre o transporte público
-
O Concello de Pontevedra, defraudado co "trágala" da Xunta, quere estudar o plan de transporte metropolitano
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |