O PP esixe a adhesión de Pontevedra ao Plan de Transporte Metropolitano da Xunta
Por Paula Sanmartín & Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Popular ven de presentar unha moción na que solicita a adhesión do Concello de Pontevedra ao Plan de Transporte Metropolitano presentado pola Xunta de Galicia o pasado mes de abril. A iniciativa tamén esixe ao goberno local a posta en marcha o transporte público urbano, para facilitar mellores servizos aos pontevedreses.
O portavoz popular, Jacobo Moreira, lembrou este venres en rolda de prensa que a posta en marcha do Plan de Transporte Metropolitano precisa a implicación de Pontevedra como cabeceira da comarca e sinalou que é un convenio "muy beneficioso para nuestros vecinos" e familias con descontos de ata o 70% para viaxeiros habituais e a gratuidade das viaxes para os menores de 19 anos.
Moreira cre que a implantación do transporte metropolitano depende do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, posto que outros alcaldes do BNG xa amosaron o seu interese polo plan como os de Bueu ou Poio.
Os populares criticaron os "atrancos" que pretende interpoñer o goberno local para atrasar a implantación do Plan como a proposta dunha comisión para estudar o seu deseño, e engadiron outra "dificultad", como é a carencia dun servizo municipal de transporte público colectivo, "que el Concello de Pontevedra está obligado a prestar por ley, pero del que los vecinos se ven privados", puntualizou Moreira.
O portavoz popular afirmou que "el BNG no apuesta por el transporte público", e lamentou que cidades como Santiago de Compostela destinan case 5 millóns de euros ao ano para o servizo de transporte urbano, mentras que en Pontevedra, "el gobierno local tan sólo gasta 46.345 euros subvencionando una única línea a Monte Porreiro que sólo beneficia al usuario a partir del viaje número 12".
Jacobo Moreira tamén lembrou que dende o 2011, o Concello conta cun estudo sobre a implantación do transporte urbano en Pontevedra que foi encargado á empresa Pettra, custou 90.000 euros "y permanece guardado en el cajón".
"El gobierno de Lores tiene ahora la oportunidad de darle utilidad", rematou Moreira.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas pide incluír A Lama no plan de transporte metropolitano de Pontevedra
Por Redacción |
-
Concello e Xunta estudan implantar un transporte público "racional e eficiente"
Por Redacción |
-
Empeza o "traballo de campo" para adaptar o plan de transporte público de Galicia "ás necesidades reais"
Por Oskar Viéitez |
-
Marea pide ao Concello que "leve o volante" da comarca na implantación do transporte metropolitano
Por Diego Espiño |
-
O alcalde da Lama considera un erro imperdoable quedar fóra do plan de transporte metropolitano
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Feijóo asegura estar convencido de que haberá transporte metropolitano en Pontevedra
Por Redacción |
-
A Xunta convoca o alcalde de Pontevedra a unha xuntanza para abordar o transporte metropolitano na comarca
Por Oskar Viéitez |
-
Moreira ve unha "trampa" a comisión técnica proposta polo BNG para o transporte metropolitano
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello propón á Xunta crear unha "comisión técnica bilateral" sobre o transporte público