Empeza o "traballo de campo" para adaptar o plan de transporte público de Galicia "ás necesidades reais"
Por Oskar Viéitez
A delegación territorial da Xunta en Campolongo acolleu este venres unha reunión de traballo da conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, coa Deputación e todos os concellos implicados na posta en marcha do Plan de transporte público de Galicia. É o cuarto encontro deste tipo que se celebra.
"O que queremos é traballar conxuntamente cos concellos para abordar a necesaria modernización e reordenación das liñas de transporte de cara ao ano que vén", dixo a conselleira.
Esta reunión parte da base que os concellos son "os que máis coñecen as necesidades de transporte dos seus propios veciños" polo que se espera que os responsables municipais trasladasen as súas "prioridades" para adaptar o transporte público "ás necesidades reais", asegurou Ethel Vázquez.
Despois da primeira fase deste plan, implantada en agosto de 2017 coas novidades do transporte a demanda e o autobús compartido (na provincia de Pontevedra conta con 107 liñas e 3.000 usuarios cada mes), agora "toca traballar" para poñer en marcha no 2019 un plan de transporte público de Galicia que sexa "eficiente e sustentable".
Ethel Vázquez lembrou que "levamos tempo traballando" e que o pasado mes de maio someteuse a exposición pública o documento base deste plan e chegou o momento de "facer un despregamento importante de traballo de campo con consultas individuais, concello a concello e tamén con entrevistas, enquisas e consultas en centros sanitarios, administrativos, parques empresariais para adaptalo ás propias necesidades".
Relacionadas:
-
Concello e Xunta estudan implantar un transporte público "racional e eficiente"
Por Redacción |
-
O alcalde da Lama considera un erro imperdoable quedar fóra do plan de transporte metropolitano
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O PP esixe a adhesión de Pontevedra ao Plan de Transporte Metropolitano da Xunta
Por Paula Sanmartín & Oskar Viéitez |
-
Feijóo asegura estar convencido de que haberá transporte metropolitano en Pontevedra
Por Redacción |
-
A Xunta convoca o alcalde de Pontevedra a unha xuntanza para abordar o transporte metropolitano na comarca
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello propón á Xunta crear unha "comisión técnica bilateral" sobre o transporte público