Ethel Vázquez advirte que sen Pontevedra o plan de transporte metropolitano "non ten sentido"
O "plantón" de Pontevedra á reunión convocada pola Xunta de Galicia para avanzar na posta en marcha do plan de transporte metropolitano fai "imposible" que, a día de hoxe, esta iniciativa, que bonificará as viaxes en autobús aos cidadáns de doce concellos, poida poñerse en marcha o 1 de xaneiro de 2019, como prevía o goberno galego.
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, asegurou que a postura do goberno municipal de Pontevedra é a "única nota discordante", xa que entre o resto de municipios hai "consenso" sobre a utilidade deste plan.
Por iso é polo que Vázquez apelase á "vontade política" de Pontevedra para que se some a este plan, xa que a conselleira recoñece que sen a presenza do concello da capital esta iniciativa "non ten sentido" e non sería posible. "É necesario e imprescindible que Pontevedra se sume a este plan", advertiu a titular deste departamento.
Tras rexeitar as críticas a unha suposta "improvisación", Ethel Vázquez lembrou que este plan está "testado tecnicamente", xa que leva funcionando nove anos noutras zonas de Galicia e, con respecto á área de Pontevedra, estudouse "en profundidade" nos últimos anos.
A este respecto, a conselleira sinalou que a Xunta mantivo con Pontevedra un trato "especial e diferenciado" ante as dúbidas manifestadas polo goberno municipal e que, segundo Vázquez, "foron resoltas" nas reunións bilaterais celebras recentemente.
En todo caso, a titular de Infraestruturas mostrouse disposta a reunirse de novo con Pontevedra para desbloquear esta situación. "Que poñan día e hora", asegurou.
O plan de transporte metropolitano, destacou, é unha iniciativa "social" que permitirá bonificar máis de 2 millóns de viaxes ao ano. Permite descontos no billete de ata o 70%, o que supón un aforro anual de ata 900 euros a usuarios frecuentes. Ademais, hai bonificacións adicionais para familias numerosas e é gratis para os menores de 19 anos.
Na reunión, na que participaron os alcaldes de Barro, Bueu, Cerdedo-Cotobade, Marín, Moraña, Ponte Caldelas, Sanxenxo, Soutomaior e Vilaboa -faltaron os de Poio e Campo Lameiro por cuestións persoais-, tamén se abordaron os pasos que deu a Xunta na segunda fase do plan de transporte público.
Ethel Vázquez garantiu que se terán en conta as necesidades concretas de cada municipio para deseñar as futuras liñas de transporte na área de Pontevedra.
Sobre a posible incorporación da Lama a este plan de transporte metropolitano, a conselleira asegurou que esta iniciativa "non para de crecer" en toda Galicia e que, unha vez posto en marcha na área de Pontevedra cos doce concellos iniciais, "seguiremos sumando concellos" e o da Lama podería estar entre eles.
Relacionadas:
-
Lores chamará por teléfono a Núñez Feijóo para falar do transporte público
Por Alejandro Espiño |
-
O PP esixe retomar as negociacións coa Xunta polo transporte metropolitano
Por Redacción |
-
Moraña solicita máis frecuencias de transporte en bus coa capital
Por Oskar Viéitez |
-
Rafa Domínguez asegura que o "boicot" de Pontevedra ao Plan de Transporte débese a "intereses políticos"
Por Diego Espiño |
-
O Concello plantará á Xunta nunha reunión sobre o plan de transporte pola súa "improvisación"
Por Natalia Puga |
-
Ponte Caldelas pide incluír A Lama no plan de transporte metropolitano de Pontevedra
Por Redacción |
-
O alcalde da Lama considera un erro imperdoable quedar fóra do plan de transporte metropolitano
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Feijóo asegura estar convencido de que haberá transporte metropolitano en Pontevedra
Por Redacción |