Quinto empate consecutivo para o Arosa (2-2) e derrota do Ribadumia no seu regreso á competición (1-2)
Por Almu Dapena
Arosa e Ribadumia seguen sen coñecer a vitoria no que vai de ano. Os de Rafa Sáez sumaron esta fin de semana ante o Choco o seu quinto empate consecutivo despois de adiantarse por partida dobre no marcador. Pola súa banda, o equipo aurinegro chegou ao descanso dominando no marcador pero o Alondras deu a volta ao partido con dous goles de Luismi
CHOCO 2-2 AROSA
Quinto contra segundo víronse as caras este domingo en Santa Mariña. Campo complicado onde o Choco segue invicto tras asinar táboas ante o Arosa.
Comezou mellor o equipo visitante, que tivo o dominio do esférico aínda que sen crear demasiado perigo na área rival. Con todo, cando se alcanzaba o cuarto de hora de encontro, o colexiado pitou a pena máxima sobre Kilian e Pedro Beda enviou á rede.
Tras o gol as forzas niveláronse. O Choco deu un paso adiante para poñer en aprietos aos de Rafa Sáez e devolver a igualdade ao marcador. Conseguiuno cando se chegou ao minuto 30 de xogo, Covis aproveitou un erro na defensa rival e rematou un centro que lle chegou desde a banda dereita, sen que Álex Cobo puidese facer nada.
Aínda que parecía que ao descanso chegaríase con táboas no marcador, outro fallo defensivo devolveu a vantaxe para o Arosa. Julio Rey estivo máis listo que defensa e guardamenta e rouboulles a carteira. Non desaproveitou a súa oportunidade o capitán arlequinado, que puxo o 1-2 co que se chegou ao descanso.
Tras o intermedio, o dominio no terreo de xogo foi para os de Redondela. Aínda que tivo Cotilla o terceiro para o Arosa cando se alcanzaba o minuto 60, foi o Choco o que se viu recompensado cun gol de Óscar Gil, que apareceu para rematar á rede uno dos moitos centros cos que estaban a xerar perigo (min. 67).
Quedaban 15 minutos e as forzas igualáronse. Tentouno a balón parado o Arosa cunha falta de Pedro Beda. Cortegoso non puido atallar e deixou o balón morto na área pero que Mon desaproveitou e enviou por encima da portería tola. Xa no tempo de desconto chegou a polémica por unha posible man na área arlequinada pero o árbitro non a sinalou.
Un punto máis para o Arosa que suma o seu quinto empate consecutivo que o mantén no segundo posto de Terceira División.
Consulta a acta do Choco-Arosa
RIBADUMIA 1-2 ALONDRAS
Dura derrota para o Club Deportivo Ribadumia no seu regreso á competición despois de dúas semanas afastado dos terreos de xogo. En fronte, un Alondras que chegaba á cita na mesma situación que os aurinegros, dúas xornadas sen xogar por semellante motivo, un brote de covid nas súas filas.
Comezou mellor o equipo visitante, co dominio total do esférico pero sen crear sensación de perigo máis aló da ocasión que Jesús Varela estrelou no pau. Mentres, o Ribadumia buscaba algunha opción ao contragolpe ou a balón parado.
Foi cun saque de esquina cando se adiantou o conxunto aurinegro. Cando se alcanzaba a primeira media hora de xogo, Charles se zafó da defensa para rematar un córner ao primeiro pau e poñer o 1-0 co que se alcanzou o descanso.
As sensacións tras o paso polos vestiarios eran similares ás da primeira metade. O Alondras seguía sendo superior e, cando se alcanzou o minuto 60, lograron plasmala no marcador cun gol anotado por Luismi, que soubo aproveitar o balón que quedou solto na área.
Non houbo reacción do Ribadumia, mentres que o Alondras mantívose firme para darlle a volta ao marcador cun disparo co que Luismi asinou o seu dobrete.
Co partido en contra, este vez si, adiantou liñas o equipo local, que puido cun remate de Cris López tras un centro de Cerqueiras.
Cuarta derrota consecutiva para o Ribadumia, que se mantén na undécima posición igualado a quince puntos co Estradense e a un da UD Ourense.
Relacionadas:
-
Un gol de Hugo Soto no desconto dá os tres puntos ao Ribadumia ante o Barco (1-0)
Por Redacción |
-
O Arosa sentencia á Unión Deportiva Ourense na primeira metade (2-0)
Por Almu Dapena |
-
Dous erros defensivos condenan o Ribadumia ante o Estradense (2-1)
Por Almu Dapena |
-
Un gol de ouro de Cerqueiras tumba o Atios e dá osíxeno ao Ribadumia (1-0)
Por Redacción |
-
Un gol de Cotilla no desconto dá a vitoria o Arosa ante o Pontellas (2-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Ribadumia séguese afundindo ao caer contra a UD Ourense (2-0)
Por Redacción |
-
Novo empate do Arosa, que deixa escapar a vitoria na cancha do líder (0-0)
Por Redacción |
-
A Futgal fixa o 21 de febreiro como xornada para recuperar partidos aprazados en Terceira División
Por Redacción |
-
Dúas semanas de illamento despois, o Ribadumia retoma a liga na Terceira División
Por Redacción |
-
Fixan o esperado Arenteiro-Arosa aprazado pola covid para o mércores 10 de febreiro
Por Redacción |
-
Arosa e Barco repártense os puntos nun partido no que os locais mereceron máis (2-2)
Por Redacción |
-
Terceira derrota consecutiva para o Ribadumia, que caeu a domicilio ante un superior Choco (3-1)
Por Redacción |