Dous erros defensivos condenan o Ribadumia ante o Estradense (2-1)
Por Almu Dapena
Nova derrota do Ribadumia esta tempada, esta vez ante o Estradense. Penúltimo e antepenúltimo, empatados a puntos, recuperaron o partido aprazado polo covid para medirse antes de afrontar a recta final de tempada. Aínda que se adiantaron os aurinegros cun gol de Cheri, os locais aproveitaron dous erros defensivos para dar a volta o marcador y sentenciar en 2-1.
Saíron ambos os equipos realizando unha presión alta, tentando provocar o erro rival na saída de balón. O partido non tiña dono e as ocasións con certo perigo sucedían a balón parado nos dous lados do campo.
A mellor oportunidade chegou cando se cumpría a medianía do primeiro acto e foi para o Ribadumia. Despois dun saque de banda, Diego Abal recibiu só en banda esquerda pero o seu disparo foise por encima da portería de Coke (min. 23).
Despois do intermedio, o Ribadumia non tardou en poñer a balanza ao seu favor. Saíron co balón xogado, pasando por todos os xogadores ata chegar a campo rival, onde trenzaron unha xogada ata atopar a Cheri, que se coou ás costas da defensa para recibir e anotar o primeiro gol do partido. Pouco despois, Fran Fandiño tivo nas súas botas o 0-2 pero un defensor local sacou o seu disparo baixo palos.
O gol do empate chegou despois dun saque de porta do Ribadumia. O defensor do Estradense adiantouse á súa marca e cabeceou o esférico ao campo rival, onde recibiu o extremo local que centrou ao segundo pau desde onde Brais Calvo puxo o 1-1 (min. 67).
Pouco despois, no minuto 74, o equipo local deu a volta ao marcador. Despois dun saque de banda no que pillaron durmida á zaga aurinegra, Piñeiro recortou aos seus dous defensores para sacar un zurdazo que se coou pola escuadra, imposible de para Rober Pazos..
Co 2-1 alcanzouse o asubío final e con el, outra derrota para un Ribadumia que segue penúltimo.
Consulta a acta do Estradense-Ribadumia.
Relacionadas:
-
O Ribadumia remonta para salvar un punto ante o Pontellas (2-2)
Por Redacción |
-
Un gol de Hugo Soto no desconto dá os tres puntos ao Ribadumia ante o Barco (1-0)
Por Redacción |
-
Un gol de ouro de Cerqueiras tumba o Atios e dá osíxeno ao Ribadumia (1-0)
Por Redacción |
-
O Ribadumia séguese afundindo ao caer contra a UD Ourense (2-0)
Por Redacción |
-
Quinto empate consecutivo para o Arosa (2-2) e derrota do Ribadumia no seu regreso á competición (1-2)
Por Almu Dapena |