Dúas semanas de illamento despois, o Ribadumia retoma a liga na Terceira División
Por Redacción
Regreso á competición para o Club Deportivo Ribadumia tras dúas semanas afastado dos terreos de xogo da Terceira División por un gromo de covid.
O cadro aurinegro detectou un caso positivo de coronavirus no seu plantel antes do duelo fronte ao Atios, o que obrigou a confinar a todo o equipo ao ter contacto estreito a maior parte dos xogadores. As probas revelaron despois outro contaxio, pero a maioría de futbolistas deron negativo nas PCR ás que foron sometidos durante o período de illamento.
Superado o mal grolo, o de Luís Carro puideron retomar esta semana os adestramentos pensando no duelo que lles enfrontará este domingo 7 de febreiro (17.00 horas) ao Alondras no Municipal da Senra.
A inactividade non será decisiva nesta ocasión, e é que o Alondras atravesou estas mesmas dúas semanas a mesma situación, cun gromo de covid que afectou a 4 dos seus xogadores.
Trátase en todo caso dun duelo importante para os aurinegors, que caeron á penúltima posición pero que están a só 6 puntos na táboa do seu próximo rival, que é cuarto.
Todo iso tendoen conta que o Ribadumia debe aínda recuperar as xornadas perdidas fronte ao Atios na casa e o Estradense a domicilio.
Relacionadas:
-
Quinto empate consecutivo para o Arosa (2-2) e derrota do Ribadumia no seu regreso á competición (1-2)
Por Almu Dapena |
-
Fixan o esperado Arenteiro-Arosa aprazado pola covid para o mércores 10 de febreiro
Por Redacción |
-
Aprazado por segunda xornada consecutiva o partido do Ribadumia, nesta ocasión fronte ao Estradense
Por Redacción |
-
Un positivo no Ribadumia obriga a suspender o seu partido contra o Atios
Por Redacción |