Un gol de ouro de Cerqueiras tumba o Atios e dá osíxeno ao Ribadumia (1-0)
Por Redacción
Balón de osíxeno para o Club Deportivo Ribadumia, ao conseguir vencer este mércores ao Atios (1-0) na Senra nun dos partidos aprazados no seu día polo gromo de covid detectado no equipo.
Os de Luís Carro botaron o resto para quedar os tres puntos, despois de poñerse por diante aos 3 minutos de xogo cun gol de Cerqueiras e aguantar despois o resultado cando a corrente empuxaba en contra.
As cousas empezáronse a torcer no minuto 39 de xogo, coa expulsión de Javi Domingo por cortar unha clara acción de perigo do Atios evitando un man a man con Roberto Pazos.
Pese ao contratempo e o tempo que restaba o Ribadumia púxose o mono de traballo para defender a súa vantaxe na segunda metade, conseguindo conter o seu rival logrando unha vitoria sanadora que pon fin á súa mala serie (cinco derrotas seguidas) e engánchalle de novo á loita pola permanencia.
Todo un impulso moral para un equipo que se coloca con 18 puntos e que a próxima fin de semana afrontará un duelo clave para o seu futuro no campo do Estradense.
Relacionadas:
-
Un gol de Hugo Soto no desconto dá os tres puntos ao Ribadumia ante o Barco (1-0)
Por Redacción |
-
Dous erros defensivos condenan o Ribadumia ante o Estradense (2-1)
Por Almu Dapena |
-
O Ribadumia séguese afundindo ao caer contra a UD Ourense (2-0)
Por Redacción |
-
A Futgal fixa o 21 de febreiro como xornada para recuperar partidos aprazados en Terceira División
Por Redacción |
-
Quinto empate consecutivo para o Arosa (2-2) e derrota do Ribadumia no seu regreso á competición (1-2)
Por Almu Dapena |