A Futgal fixa o 21 de febreiro como xornada para recuperar partidos aprazados en Terceira División
Por Redacción
A pandemia da covid-19 está a afectar tamén ao correcto desenvolvemento do grupo galego da Terceira División. A maior parte dos equipos sufriron positivos nas súas filas que os obrigaron a gardar corentena e a aprazar os seus encontros.
Algún equipo ten ata cinco choques pendentes de xogar, o que provoca un desfasamento na competición que desvirtúa a clasificación e o espítitu competitivo deste deporte. Por iso, o xuíz único emitiu este martes unha resolución para fixar as datas para a disputa da maior parte dos partidos aprazados que inclúe a disputa de nove partidos, cinco do subgrupo A e catro do subgrupo B, o domingo 21 de febreiro.
Esta decisión implica o desprazamento dunha semana no calendario de todas as xornadas restantes. "As xornadas intersemanales non son suficientes para sinalar tanto partido porque mesmo coinciden participantes e complica a sinalización de partidos", xustifican desde a Federación Galega de Fútbol.
Son 23 os partidos aprazados, polo que o ente federativo viuse obrigado a "parar as xornadas porque de producirse novos aprazamentos estes sumaríanse aos xa existentes nun efecto bóla de neve. O obxectivo é evitar a adulteración da competición e salvagardar a integridade da mesma", remarcan.
Deste xeito, o Arosa xogará esta tarde contra o Arenteiro a domicilio o primeiro dos seus partidos aprazados. E na casa contra a UD Ourense farao o 21 de febreiro. O Ribadumia, pola súa banda, recibirá o día 17 ao Atios e o 21 visitará ao Estradense.
Relacionadas:
-
Un gol de ouro de Cerqueiras tumba o Atios e dá osíxeno ao Ribadumia (1-0)
Por Redacción |
-
Un gol de Cotilla no desconto dá a vitoria o Arosa ante o Pontellas (2-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Novo empate do Arosa, que deixa escapar a vitoria na cancha do líder (0-0)
Por Redacción |
-
Quinto empate consecutivo para o Arosa (2-2) e derrota do Ribadumia no seu regreso á competición (1-2)
Por Almu Dapena |
-
Fixan o esperado Arenteiro-Arosa aprazado pola covid para o mércores 10 de febreiro
Por Redacción |