O Arosa sentencia á Unión Deportiva Ourense na primeira metade (2-0)
Por Almu Dapena
As opcións do Arosa por seguir pelexando polos primeiros postos, pasaban por gañar este domingo á Unión Deportiva Ourense no partido aprazado por covid da xornada 13. Así o demostraron e, aínda que lles custou coller ritmo e xerar ocasións, deixaron sentenciado na primeira metade cos goles de Javi Fontán e de Pedro Beda.
Custoulle coller ritmo aos de Rafa Sáez, que xogaban a mercé dunha UDO que, aínda que non tiña claras ocasións, levaba a batuta do encontro.
O primeiro disparo do partido non chegou ata o minuto 28 e foi para os visitantes. Tiago desde a media lúa sacou un derechazo que sen problemas atallou Cobo.
Custáballe ao Arosa facerse co esférico, pero despois do aviso do equipo ourensán, empezou a achegarse con certo perigo á área rival. Así, cando se alcanzou o minuto 36, o equipo arlequinado aproveitou un saque de esquina para abrir a lata. Kilian enviou un centro pechado que se lle escapou das mans a Dani Sampaio, o balón caeu a Javi Fontán e este enviou á rede.
Parecía que ao descanso ía chegar co 1-0 pero o Arosa deu outro golpe sobre a mesa ao aproveitar un mal despexe da zaga ourensá. Pedro Beda anticipouse á cesión de cabeza de Viti a Dani para plantarse diante da portería baleira e deixar practicamente sentenciado o partido (2-0).
Na segunda metade o Arosa non tivo problemas para aguantar o resultado. Coa defensa achicando as posibles xogadas de perigo da Unión Deportiva Ourense, que non supoñían perigo para Cobo, e con Killian e Javi Otero moi activos en ataque, o equipo local non tivo que sufrir para facerse cos tres puntos.
Consulta a acta do Arosa-UD Ourense
Relacionadas:
-
Sufrida vitoria do Arosa na súa visita ao Estradense (1-2)
Por Almu Dapena |
-
O Arosa vence o Rápido de Bouzas e está a un paso da fase de ascenso (2-0)
Por Redacción |
-
Atios e Arosa firman un empate sen goles
Por Redacción |
-
Un gol de Cotilla no desconto dá a vitoria o Arosa ante o Pontellas (2-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Novo empate do Arosa, que deixa escapar a vitoria na cancha do líder (0-0)
Por Redacción |
-
Quinto empate consecutivo para o Arosa (2-2) e derrota do Ribadumia no seu regreso á competición (1-2)
Por Almu Dapena |