Un gol de Hugo Soto no desconto dá os tres puntos ao Ribadumia ante o Barco (1-0)
Por Redacción
Un gol de Hugo Soto no minuto 95 deu a vitoria ao Ribadumia este domingo ante o Barco. O equipo aurinegro, que levaba tres derrotas consecutivas ás súas costas, foi capaz de aguantar as continuas chegadas do equipo valdeorrés para aproveitar un contragolpe no último minuto e sumar tres puntos moi valiosos.
Non houbo claras ocasións durante a primeira metade, con ambos os equipos buscando lanzamentos desde media distancia pero sen causar perigo aos gardametas.
Cando se alcanzaba a medianía do primeiro acto foi o Barco o que tivo a mellor ocasión ata o momento. David Álvarez recibiu o esférico na frontal da área e sacou un derechazo que se foi lamiendo o traveseiro.
No segundo acto saíu o Barco cunha presión máis alta que lle concedeu gozar das mellores ocasións do partido, como a de Vera aos dous minutos do paso polos vestiarios, que cabeceou ao lateral da rede de Rober Pazos.
O ritmo do equipo visitante seguiu aumentando a medida que pasaban os minutos, mentres o Ribadumia achegábase á portería rival pero sen crear demasiado perigo.
Nos minutos finais o Barco tivo a mellor ocasión do partido, pero o disparo de David Álvarez estrelouse no traveseiro despois de tocar nun defensor do Ribadumia e foise a córner.
Non quedaba tempo para moito máis e de tanto perdoar o equipo valdeorrés, ao final viuse castigado na última xogada de partido. Hugo Soto aproveitou un contragolpe para axustar o balón á esquerda da portería visitante, onde non puido chegar Iván Oviedo.
Este resultado dá un respiro ao Ribadumia, que ascende á novena posición, a tres puntos do sexto clasificado, e a catro do terceiro.
Consulta a acta do Ribadumia-Barco
Relacionadas:
-
Inxusto empate entre Ribadumia e Rápido de Bouzas na Senra (0-0)
Por Redacción |
-
O Ribadumia remonta para salvar un punto ante o Pontellas (2-2)
Por Redacción |
-
Dous erros defensivos condenan o Ribadumia ante o Estradense (2-1)
Por Almu Dapena |
-
Un gol de ouro de Cerqueiras tumba o Atios e dá osíxeno ao Ribadumia (1-0)
Por Redacción |
-
Quinto empate consecutivo para o Arosa (2-2) e derrota do Ribadumia no seu regreso á competición (1-2)
Por Almu Dapena |