Pontevedra quere formalizar antes de final de ano o novo contrato do lixo, polo que pagará 225 millóns en 21 anos
Por Alejandro Espiño
Unha "auténtica revolución" que supoñerá un "cambio de paradigma", convertendo os residuos que se xeren no municipio nun recurso económico e ambiental. É o que supoñerá, segundo o alcalde de Pontevedra, o novo contrato de recollida e tratamento do lixo.
Será o contrato de maior contía aprobado xamais en Pontevedra. Sae a licitación por un montante global de 225 millóns de euros, o que supoñerá uns 10,7 millóns de euros por cada un dos 21 anos que nos se externalizará este servizo municipal.
"Estou especialmente satisfeito porque damos un paso fundamental que vai a supoñer unha revolución", destacou Miguel Anxo Fernández Lores, que subliñou que con este novo modelo, que primará a reciclaxe, "os residuos deixan de ser lixo e convértense nun recurso".
Con este contrato, en Pontevedra "nos adiantamos" á nova lei de residuos aprobada polo Goberno, sinalou Fernández Lores, que obriga a reciclar o 55% de todos os residuos no horizonte de 2025, porcentaxe que aumentará paulatinamente ata 2035, chegando ao 65%.
Por iso é polo que este novo sistema de recollida, transporte e tratamento dos residuos xire ao redor da súa "valorización", apostando pola reciclaxe, a compostaxe e a reutilización do lixo, "evitando ao máximo tirar o lixo no vertedoiro", incidiu o alcalde.
A pesar do aumento do custo que terá este contrato para as arcas municipais, pasando duns 8 millóns aos 10,7 millóns previstos, o goberno reitera que a taxa que pagan os cidadáns "non se vai a ver afectada" e non se subirá o recibo.
Ao revés, segundo o executivo municipal, estudaranse posibles bonificacións no caso de que algunha parroquia ou barrio concreto da cidade cumpra unha serie de fitos, entre eles, chegar aos obxectivos fixados en materia de reciclaxe ou compostaxe.
O Concello quere aprobar este novo contrato antes de que termine este ano e, para iso, enviará xa a documentación e os pregos ás empresas interesadas para que poidan ir traballando nas súas ofertas e acurtar ao máximo os prazos administrativos.
Para a licitación formal, que se prevé realizar dentro dun mes, só resta recibir o informe pertinente da Oficina Nacional de Avaliación (ONE), dependente do Ministerio de Facenda, que debe certificar a sustentabilidade financeira deste contrato.
A ADXUDICATARIA "NON PODE NON FACER" A PLANTA DE COMPOSTAXE
Dentro deste contrato, o Concello obrigará á empresa adxudicataria a realizar un investimento inicial de 23 millóns -case 40 ao longo de todo o contrato-, centrada sobre todo na renovación de toda a frota de contedores e na adquisición de nova maquinaria.
Pero uns 10,3 millóns deste montante serán para a construción da planta de compostaxe que, segundo o edil responsable de residuos, Raimundo González, a empresa "non pode non facer", xa que se trata dun requisito de obrigado cumprimento no contrato.
O Concello ten reservados para esta planta os terreos da Canicouva, aínda que admitirá outra localización, sempre dentro do termo municipal de Pontevedra, se a adxudicataria así o decide por cuestións de viabilidade técnica, asumindo nese caso a procura de terreos.
O novo contrato obrigará á empresa que se faga cargo da xestión deste servizo a ampliar o seu persoal ata os 163 traballadores, fronte aos 106 actuais, dos cales ao redor dunha vintena estarían encargados da planta de compostaxe antes citada.
Ademais, deberá deseñar o mellor sistema para incorporar ás súas prestacións a recollida de aceites usados e de residuos téxtiles, que pasa a ser obrigatoria para os concellos no marco da nova lexislación estatal en materia de residuos.
A nova empresa deberá tamén, entre outros requisitos, realizar campañas de sensibilización cidadá, ao entender que a colaboración das familias e os grandes produtores é "absolutamente fundamental" para conseguir os obxectivos marcados.
Relacionadas:
-
Pontevedra reformula e volve licitar o contrato de xestión do lixo
Por Natalia Puga & Juan Manuel García Tajes |
-
Pontevedra aproba o novo contrato de residuos cun custo total de 233 millóns de euros, o maior da súa historia
Por Oskar Viéitez |
-
O "desmesurado" IPC elevará o novo contrato do lixo a máis de 11 millóns anuais
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra repartiu este ano todo o compost producido entre os cidadáns
Por Alejandro Espiño |
-
PreZero intensificará a recollida de biorresiduos á espera do novo contrato
Por Alejandro Espiño |
-
Domínguez visita A Canicouva: "non reúne as condicións para que unha mini Sogama se instale aquí"
Por Redacción |
-
O recibo do lixo de decembro será máis barato en Pontevedra por enviar menos toneladas a Sogama
Por Oskar Viéitez |
-
Ao PP preocúpalle que sexa unha empresa quen decida onde se sitúa a planta de compost
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
Raimundo González critica a "oposición virulenta e enfermiza" do PP local ao modelo de compostaxe de Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Rafa Domínguez sementa dúbidas sobre a viabilidade técnica da planta da Canicouva
Por Alejandro Espiño |
-
Prevista a implantación de puntos limpos fixo e móbil no novo contrato de xestión de residuos
Por Redacción |
-
O PP inicia en Santo André de Xeve a súa rolda de encontros no rural
Por Redacción |
-
O novo contrato do lixo, primeira parada dunha ofensiva do PP contra a "indiferenza" de Lores cara ao rural
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Os contedores de lixo do centro histórico serán 'de quita e pon'
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra consolida as cifras de reciclaxe en 2021 á espera da "revolución ambiental" do novo contrato do lixo
Por Redacción |
-
O novo contrato da xestión do lixo contemplará o residuo como un recurso e buscará reducir a pegada do CO2
Por Redacción |
-
A licitación do novo contrato do lixo avanza e só está á espera dos últimos informes xurídicos
Por Manu Otero |