Ao PP preocúpalle que sexa unha empresa quen decida onde se sitúa a planta de compost
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O portavoz do grupo municipal do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, expresou a súa preocupación porque finalmente sexa a nova empresa concesionaria, e non o Concello, a que decida onde se sitúa a planta de compostaxe.
Este temor baséase nunha serie de motivos técnicos e económicos que sinalan que a planta de compostaxe prevista polo Concello na Canicouva non se poderá levar a cabo nesa localización, o que permitiría á futura adxudicataria do servizo renunciar ao proxecto acolléndose á "cláusula de salvagarda" contemplada nos pregos do novo contrato do lixo. Sería entón a empresa a que tería que propoñer unha localización alternativa.
"Yo, si soy alcalde de Pontevedra, no va a poner una empresa una planta de compostaje donde quiera", declarou Rafa Domínguez. "Ese contrato dá a saída para que sexa noutra localización", subliñou.
Entre eses motivos técnicos e económicos que apuntan que a planta non se fará na Canicouva, en primeiro lugar, Domínguez sinalou que o solo alugado é solo rústico forestal, "lo que es incompatible con una planta de las características que proponen" ya que "tendría que ser un suelo urbanizado programado". O portavoz do PP cre que "se podría hacer de forma excepcional el cambio de suelo rústico forestal a urbanizado programado, pero sería excepcional su concesión", dixo. "A día de hoy, después de 7 años, el Concello no ha iniciado ni un único papel para este cambio de suelo", destacou.
Domínguez tamén apunta que se trataría dunha planta de triaxe, non de compostaxe, o que implicaría que todo o lixo da cidade levaría á instalación. Despois da clasificación dos residuos, "decenas de camiones tendrán que llevar el papel, plástico y vidrio a Sogama, lo que generaría un tránsito de vehículos de gran tonelaje constante".
Por outra banda están os accesos a eses terreos onde se proxecta a planta de compostaxe "no son suficientes para el tamaño y el número de camiones que van a tener que subir hasta A Canicouva". Sinala que a estrada tería que ter un mínimo de 7 metros para que os camións poidan circular en condicións de seguridade e que para ampliar esa estrada é necesaria a expropiación de terreos a particulares así como un plan de mellora do firme, "pues en estos momentos no soporta el uso frecuente de camiones de gran tonelaje, los cuales sobrepasan las 30 toneladas", explicou o popular. Ademais, Domínguez fixo referencia á seguridade nesta vía pola que transitan moitos senderistas e ciclistas.
Outro argumento que expuxo o PP refírese á enerxía que demanda esta instalación. "Una planta de basuras de ese nivel tiene una demanda de energía muy elevada. Sería necesaria llevar una torre de energía de media intensidad" e apunta que sería "inviable" alimentar a instación con xeradores.
Domínguez engadiu que para esta planta necesitaríase unha autorización tras analizar o impacto ambiental da instalación.
O portavoz do PP lembrou o plan asinado entre Ecoembes e Sogama para construír once plantas de compostaxe, "algo que resultaría mucho más barato y ecológico a los pontevedreses".
En conclusión, Domínguez cre que "la finalidad no es hacer ninguna planta, la finalidad es la pagar 20.000 euros al año a una Comunidad de Montes. Ellos sabrán por qué", rematou o popular.
RESPOSTA DO CONCELLO
O Goberno local asiu ao paso destas declaracións do concelleiro do PP para sinalar que "a Lei do Solo revela que o PP minte cando afirma que é preciso modificar o PXOM para instalar a planta da Canicouva". É un dos supostos que se autoriza o uso do solo rústico para a xestión e tratamento de residuos, afirman.
O Goberno local lembra que é "inviable" poder solicitar ningún tipo de autorización ante ningunha administración dado que "ten que ser a empresa adxudicataria a que terá que elaborar o proxecto definitivo sobre o que pedirá as autorizacións", tal e como recollen os pregos que están colgados no perfil do contratante do Concello de Pontevedra.
O Goberno Local volve facer fincapé na "cruzada do Partido Popular de Pontevedra e de Rafael Domínguez contra a compostaxe e a planta da Canivouva". Foi calificada de “virulenta e enfermiza” por parte do responsable da xestión de residuos Raimundo González quen lembrou que as afirmacións do Domínguez ao respecto da compostaxe están apoiadas sistematicamente "nunha sarta de barbaridades".
Relacionadas:
-
Pontevedra aproba o novo contrato de residuos cun custo total de 233 millóns de euros, o maior da súa historia
Por Oskar Viéitez |
-
Domínguez visita A Canicouva: "non reúne as condicións para que unha mini Sogama se instale aquí"
Por Redacción |
-
O recibo do lixo de decembro será máis barato en Pontevedra por enviar menos toneladas a Sogama
Por Oskar Viéitez |
-
Rafa Domínguez 'recupera' a Rosanna López Salgueiro para presidir o "consello de sabios" do PP de Pontevedra
Por Redacción |
-
Raimundo González critica a "oposición virulenta e enfermiza" do PP local ao modelo de compostaxe de Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Rafa Domínguez sementa dúbidas sobre a viabilidade técnica da planta da Canicouva
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra quere formalizar antes de final de ano o novo contrato do lixo, polo que pagará 225 millóns en 21 anos
Por Alejandro Espiño |