Os investimentos propios de Cerdedo-Cotobade ascenderán en 2017 a case un millón de euros
Por Redacción
O goberno municipal de Cerdedo-Cotobade aprobará os primeiros orzamentos do municipio fusionado no pleno que se celebrará o próximo xoves 6 de abril. E neles, segundo avanzou o Concello, incluirase un plan de investimentos propios que alcanzará os 945.000 euros, o que supón case o 20% do total do orzamento, que será de 4,9 millóns.
Este plan inclúe un total de 24 obras, en practicamente todo o territorio municipal, que se centrarán na mellora de vías, parques infantís, saneamento e depuración, traídas de augas e outros servizos veciñais.
Así, rematarase o campo da festa e o aparcadoiro en Figueroa (147.253 euros), faranse depósitos de agua en Tresaldeas, Os Castros-Outeiro, Framil-Peniñas e Vilalén (111.207 euros), habilitarase un local social en Filgueira (89.224 euros), construiranse parques infantís en Viascón e Borela (73.961 euros) e Casas do Pobo en Augasantas e Almofrei (83.894 euros).
Tamén se acometerán, entre outras actuacións, a mellora dos accesos ao balneario de San Xurxo, A Longa, Vilanova, Chamadoira e Cuspedriños (120.028 euros), reformarase o campo da festa de Almofrei (22.334), melloraranse camiños en Borela (47.992 euros) ou actuarase na depuradora de Paraños (36.198 euros).
Deste xeito, e tendo en conta as obras que tamén van acometer outras administracións no municipio neste ano, o plan de investimentos inicial do presente exercicio sitúase nunha cifra récord de 6,2 millóns de euros.
A Xunta acometerá a construción do Centro Autonómico de Recuperación de Fauna Salvaxe (686.000 euros), o saneamento integral da parroquia de Tenorio (1,85 millóns), a mellora da estrada PO-234 no treito de Augasantas (653.000 euros), a humanización do acceso á igrexa de Tenorio (120.000 euros), a depuración de augas de Cerdedo (200.000 euros), as accións de aforro enerxético e mellora de fontes e lavadoiros (120.000 euros), ou as melloras viarias e de seguridade vial en Fentáns (110.000 euros) e Vila de Arriba (192.000 euros).
Pola súa banda, o Ministerio de Fomento afrontará a construción do enlace de Calvelo (720.000 euros) e a a mellora da vía Serrapio-N-541 (600.000 euros).
A estes investimentos, segundo o Concello, poderían sumarse outras actuacións en trámite como a ampliación da residencia de Cerdedo, a reforma da Praza do Concello de Cerdedo, o depósito da Chamadoira, a renovación da sinalización informativa nos accesos por estrada, o saneamento de A Longa, Vila de Arriba e Dorna, na zona de Sacos, ou a humanización da Praza da Chan de Carballedo, que está cifrada nuns 700.000 euros.
Relacionadas:
-
Un humidal artificial ecolóxico depurará as augas residuais de Paraños
Por Redacción |
-
A ampliación da Casa do Pobo de Augasantas atenderá suxestións de comuneiros e veciños
Por Redacción |
-
O acceso á igrexa de Viascón será máis seguro para os peóns
Por Redacción |
-
O novo campo da festa de Almofrei, listo para o arranque do San Lourenzo
Por Redacción |
-
Proxectan a mellora do servizo de abastecemento de auga de Tenorio
Por Redacción |
-
O lugar de Atalaia, en Viascón, loce novos accesos
Por Redacción |
-
165.000 euros para mellorar a seguridade viaria no acceso a Vila de Arriba
Por Redacción |
-
Medio Ambiente adxudicará este mes a construción do centro de fauna silvestre de Carballedo
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade incrementa a súa partida no plan de camiños municipais por incentivos da fusión
Por Oskar Viéitez |
-
O acceso á igrexa de San Pedro de Tenorio será reformado cun investimento de 120.000 euros
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade busca garantir o abastecemento de auga
Por Redacción |
-
Carballedo aspira a ser unha referencia europea no coidado de aves, réptiles e mamíferos
Por Redacción |
-
Lavado de cara da alameda de Augasantas
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade sitúa a presión fiscal en 186 euros por habitante
Por Redacción |
-
Os socialistas de Cotobade denuncian un orzamento "continuísta e pouco innovador"
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade aproba os primeiros orzamentos post fusión, de 5 millóns de euros
Por Redacción |
-
A Deputación e o Concello de Cerdedo-Cotobade reformarán o núcleo da Chan
Por Oskar Viéitez |
-
Cerdedo-Cotobade prepara o seu orzamento cun aforro do 32% en cargos políticos
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade quere apostar polos servizos sociais e o emprego no seu primeiro orzamento
Por Redacción |
-
Cerdedo salda o seu único préstamo, de 168.000 euros, cos seus fondos antes de unificar contas con Cotobade
Por Redacción |