O Pontevedra, un dos únicos 7 equipos de Primeira RFEF sen adestrador a poucos días de iniciar a pretempada
Por Diego Espiño
O tempo segue a correr sen que o Pontevedra Club de Fútbol faga oficial o nome de quen será o seu adestrador para a nova tempada na Primeira RFEF, tras a saída de Ángel Rodríguez, o técnico do ascenso, rumbo ao Hércules.
A marcha do preparador leonés, despois semanas sen movementos, confirmouse máis dun mes despois do fin da competición (21 de xuño), e xa entrados no mes de xullo os contactos mantidos pola entidade granate non terminaron de cristalizar.
Non se trata dunha situación nova. De feito na súa comparecencia o pasado 23 de xuño o director deportivo, Toni Otero, lembraba que o anuncio da fichaxe do adestrador "o ano pasado foi unha semana antes de empezar a pretemporada, así que ata aí hai marxe".
Otero lembraba o acontecido coa chegada hai un ano de Ángel Rodríguez (confirmado o 11 de xullo) e quitaba dramatismo á elección ao seguir avanzando na composición do plantel, pero esa marxe empeza a ser xa mínimo, e é que os granates teñen previsto volver aos adestramentos o 15 ou o 18 de xullo, e seguen de momento sen capitán para a súa nave.
De feito o Pontevedra é un dos catro únicos equipos do seu grupo, xunto ao Celta B, Badajoz e DUX Internacional de Madrid, que aínda non confirmou ao seu técnico, aínda que no caso do filial vigués todo apunta a que será o ata o de agora preparador do xuvenil Claudio Giráldez, curiosamente ex-xogador granate, o que asumirá o reto de substituír ao cesado Onésimo, mentres que no Badajoz dáse por feita a continuidade de Isaac Jové, sen ser aínda oficial, e no Internacional non se confirmou aínda se Alfredo Santaelena continuará no seu banco.
Mirando no seu conxunto aos 40 equipos de Primeira RFEF, só son 7 os que seguen sen adestrador confirmado a día 6 de xullo. Eso si, no caso do Amorebieta só un proceso electoral evita a confirmación de Harit Mujika, que seguiría no cargo.
Os outros tres clubs sen adestrador son o Sabadell, tras a saída de Pedro Munitis a finais de xuño, o Castellón ao estar a negociar a súa propiedade unha venda do seu accionariado que está a atrasar todas as súas operacións, e o Eldense, que despediu este mesmo martes a José Juan Romero de maneira inesperada por "motivos disciplinarios".
Excepcións todas elas dentro dunha categoría, a terceira do balompé nacional, na que xa se produciron multitude de movementos, confirmando o potencial de moitos proxectos que buscan o salto ao fútbol profesional.
Relacionadas:
-
Carpetazo ás renovacións no Pontevedra: "Os que cremos que había que renovar están renovados"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Antonio Fernández promete "traballo e dedicación" na súa presentación co Pontevedra: "Vir aquí é un orgullo"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Antonio Fernández, novo adestrador do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Alberto Rubio pecha a súa renovación co Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Samu Araújo prolonga por un ano o seu contrato co Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Javi Rey cambia o Pontevedra polo Real Avilés de Segunda RFEF: "Supón un novo reto para min"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra confirma a súa terceira renovación: Oier Calvillo
Por Manu Otero |
-
Yelko Pino renova co Pontevedra por dúas tempadas
Por Manu Otero |
-
Ángel Rodríguez leva o preparador físico Cristóbal ao Rico Pérez
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra oficializa a renovación do seu capitán: Álex González seguirá dous anos máis en Pasarón
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra planifica unha pretempada de seis semanas con ata oito partidos amigables
Por Diego Espiño |
-
Ángel Rodríguez despídese do Pontevedra: "Volveremos a encontrarnos. Siempre tendréis en mí a un granate más"
Por Almu Dapena |
-
Toni Otero, sobre a saída de Ángel Rodríguez e a renovación de Yelko: "Se hai tres meses fixésemos o que propuxen non estariamos nesta situación"
Por Diego Espiño |
-
Ángel Rodríguez e o Pontevedra, unha negociación tardía rota cando menos se esperaba
Por Diego Espiño |