Ángel Rodríguez e o Pontevedra, unha negociación tardía rota cando menos se esperaba

Por Diego Espiño
A fichaxe de Ángel Rodríguez polo Hércules de Alicante levantou gran balbordo na contorna do Pontevedra Club de Fútbol. Non polo feito de que a súa marcha non fose unha das posibilidades, ao finalizar contrato, senón pola forma na que finalmente se produciu.
Tras semanas de espera o técnico, un dos responsables do ascenso do equipo a Primeira RFEF, atopábase agora si negociando a súa renovación coa entidade granate.
É por iso que a confirmación da súa marcha, anunciada xa entrada a noite do martes polo Hércules e comunicada pouco antes á entidade de Pasarón mediante unha chamada ao director deportivo, Toni Otero, causou certa sorpresa aínda que poida parecer a 'crónica dunha morte anunciada', citando á obra literaria de Gabriel García Márquez.
Tras certificar o seu ascenso, o Pontevedra tomouse un período de reflexión antes de decidir o camiño para seguir co adestrador. Este tempo prolongouse case tres semanas ata iniciarse os contactos para tentear a continuidade do preparador leonés, ou polo menos a súa disposición para seguir. Durante esta fase chegouse a ver a Ángel Rodríguez fóra por completo do Pontevedra e tamén moi preto de renovar.
Precisamente agora era cando parecía máis canalizada a relación, polo que esa negociación se mantiña aberta. De feito o Pontevedra presentou unha última proposta o pasado venres que, segundo fontes próximas á negociación, non chegou a ter contestación ata a chamada confirmado o compromiso adquirido co Hércules.
Así termina, de maneira abrupta, a relación Ángel Rodríguez-Pontevedra despois de só unha tempada, co bo sabor de boca que deixou o ascenso de categoría pero coas sombras que pesaron sobre unha certa falta de 'feeling' cos máximos dirixentes da entidade, unha confianza que finalmente rompeu por completo.
Relacionadas:
-
Ángel Rodríguez, mellor adestrador do grupo I de Segunda Federación polo seu ascenso co Pontevedra
Por Manu Otero |
-
Antonio Fernández, novo adestrador do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra, un dos únicos 7 equipos de Primeira RFEF sen adestrador a poucos días de iniciar a pretempada
Por Diego Espiño |
-
Yelko Pino renova co Pontevedra por dúas tempadas
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra planifica unha pretempada de seis semanas con ata oito partidos amigables
Por Diego Espiño |
-
Ángel Rodríguez despídese do Pontevedra: "Volveremos a encontrarnos. Siempre tendréis en mí a un granate más"
Por Almu Dapena |
-
Romay, primeira baixa confirmada no Pontevedra: "Non aceptou a renovación"
Por Diego Espiño |
-
Toni Otero, sobre a saída de Ángel Rodríguez e a renovación de Yelko: "Se hai tres meses fixésemos o que propuxen non estariamos nesta situación"
Por Diego Espiño |
-
Ángel Rodríguez, novo adestrador do Hércules
Por Diego Espiño |
-
A vía Ángel Rodríguez para o banco de Pasarón segue aberta
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra, único recentemente ascendido a Primeira RFEF co seu banco en dúbida
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra impón o seu ritmo na planificación deportiva
Por Diego Espiño |
-
Unha falta de 'feeling' con difícil solución
Por Diego Espiño |
-
A decisión sobre o adestrador, en 'stand by'
Por Diego Espiño |