Alberto Rubio pecha a súa renovación co Pontevedra
Por Diego Espiño
A planificación do Pontevedra Club de Fútbol para a que será a súa tempada de estrea na Primeira RFEF avanza, aínda que sexa lentamente e a contagotas.
Este mércores tocoulle a quenda a outra renovación, a quinta, ao confirmarse a continuidade por un ano máis de Alberto Rubio.
O futbolista ilicitano, de 25 anos, segue os pasos desta forma dos xa renovados Álex González, Yelko Pino, Samu Araújo e Oier Calvillo.
Na súa tempada do trinque en Pasarón, onde chegou procedente do Alcoyano, Rubio foi un dos homes habituais nas aliñacións do técnico Ángel Rodríguez, chegando a participar en en 33 das 34 xornadas de liga. Só se perdeu por sanción un encontro, con 29 titularidades e anotando 4 goles.
Co interior destro o plantel do Pontevedra suma actualmente 17 xogadores en nómina, con contrato en vigor, xa que aos renovados súmanse Diego Seoane tras cumprir os obxectivos marcados para prolongar un ano máis a súa vinculación co club, os dous gardametas, Pablo Cacharrón e Álvaro Cortés; os defensores Churre, David Soto, Samu Santos e Pacheco; o centrocampista Miguel Román; e os atacantes Charles, Brais Abelenda, Martín Diz e Rufo.
Relacionadas:
-
Desvelado o calendario de pretempada do Pontevedra con seis partidos amigables
Por Diego Espiño |
-
Ángel Bastos, primeira fichaxe granate: "Cando vin que o Pontevedra subía a Primeira RFEF a miña intención era vir aquí"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra que quere Antonio Fernández: "Un equipo protagonista, que vai querer o balón"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Carpetazo ás renovacións no Pontevedra: "Os que cremos que había que renovar están renovados"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Antonio Fernández promete "traballo e dedicación" na súa presentación co Pontevedra: "Vir aquí é un orgullo"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O Pontevedra, un dos únicos 7 equipos de Primeira RFEF sen adestrador a poucos días de iniciar a pretempada
Por Diego Espiño |
-
Samu Araújo prolonga por un ano o seu contrato co Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Javi Rey cambia o Pontevedra polo Real Avilés de Segunda RFEF: "Supón un novo reto para min"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra confirma a súa terceira renovación: Oier Calvillo
Por Manu Otero |
-
Yelko Pino renova co Pontevedra por dúas tempadas
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra oficializa a renovación do seu capitán: Álex González seguirá dous anos máis en Pasarón
Por Manu Otero |