Desvelado o calendario de pretempada do Pontevedra con seis partidos amigables
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol fixo público este venres o groso do calendario para a súa pretempada, que dará comezo oficialmente o vindeiro luns 18 de xullo.
O club granate confirmou seis citas amigables, á espera de pechar algún test final previo á primeira semana de competición, co inicio de liga previsto para o 28 de agosto.
Dos amigables desvelados, só un será no Estadio Municipal de Pasarón, o único que ata a datase coñecía. Será con motivo do Trofeo Luís Otero e co Lugo da Segunda División como rival, no primeiro amigable de preparación (27 de xuño).
Polo demais o equipo dirixido por Antonio Fernández enfrontarase o 31 de xullo ao Vilalonga en San Pedro, o 3 de agosto ao Ourense CF no Estadio do Couto, o 6 de agosto ao Celta B no estadio de Baltar (Portonovo), o 10 de agosto ao Coruxo no Vao e o día 13 ao Juvenil Ponteareas no campo de Pardellas.
Neste calendario sobresaen cítalas fronte ao Lugo, equipo de superior categoría, e fronte ao Celta B por ser rival directo na Primeira RFEF, xa que o resto de equipo competirán en categorías máis baixas a próxima tempada.
Relacionadas:
-
Publicados os horarios das dúas primeiras xornadas de Primeira Federación: Pontevedra - Alcorcón, o día 28 ás 19.30 horas
Por Manu Otero |
-
Nova data para a pretempada do Pontevedra, cun amigable fronte ao Estradense
Por Diego Espiño |
-
Ilusionante vitoria do Pontevedra no seu primeiro duelo de pretemporada fronte ao Lugo (1-0)
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
O Xuíz de Competición valida a inscrición do Pontevedra na Primeira RFEF
Por Diego Espiño |
-
Bota a andar o proxecto do Pontevedra en Primeira RFEF con Seoane e Rufo entre algodóns
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Toni Otero, sobre a opción de fichar a Sergio Marcos e Jon Bakero: "Falamos, as súas pretensións son altas e oxalá puidesen vir"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra comeza a pretemporada este luns coa ausencia de Pacheco e Samu Santos
Por Redacción |
-
Na busca de xogadores sub-23 e con dúas (ou tres) fichas sénior dispoñibles
Por Diego Espiño |
-
Os prezos da campaña de socios do Pontevedra CF, unha incógnita para os afeccionados
Por Almu Dapena |
-
Entradas a 15 euros para os afeccionados que acompañen o Pontevedra nos partidos fóra de Pasarón
Por Redacción |
-
O Pontevedra vestirá a marca Hummel por cuarta tempada consecutiva
Por Diego Espiño |
-
Santi Figueroa xogará no Arosa a próxima tempada co reto de "tratar de explotar e demostrar todo o meu nivel"
Por Diego Espiño |
-
Ángel Bastos, primeira fichaxe granate: "Cando vin que o Pontevedra subía a Primeira RFEF a miña intención era vir aquí"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra que quere Antonio Fernández: "Un equipo protagonista, que vai querer o balón"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Carpetazo ás renovacións no Pontevedra: "Os que cremos que había que renovar están renovados"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Antonio Fernández promete "traballo e dedicación" na súa presentación co Pontevedra: "Vir aquí é un orgullo"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Alberto Rubio pecha a súa renovación co Pontevedra
Por Diego Espiño |