Ángel Bastos, primeira fichaxe granate: "Cando vin que o Pontevedra subía a Primeira RFEF a miña intención era vir aquí"
Por Diego Espiño
O novo proxecto do Pontevedra Club de Fútbol na Primeira RFEF, terceiro chanzo do balompé nacional, xa ten á súa primeira fichaxe.
Trátase de Ángel Bastos, lateral galego (natural de Mos) de 30 anos de idade que procede do Rayo Majadahonda, equipo co que a última tempada disputou a fase de ascenso a Segunda División.
"Tiña ganas de vir para aquí, estar preto da casa e a un equipo como o Pontevedra moito mellor. Cando vin que o Pontevedra subía a Primeira RFEF a miña intención era tentar vir aquí", sinalou a PontevedraViva a primeira incorporación estival dos granates.
Ángel Bastos: "Sempre fun un xogador ofensivo, sen descoidar atrás pero gústame subir ao ataque"
O futbolista, destro pero que pode xogar en ambos os dous costados, caracterízase pola "velocidade, e sempre fun un xogador ofensivo, sen descoidar atrás pero gústame subir ao ataque", explica. En canto á súa polivalencia "creo que lle pode vir ben ao equipo", aínda que en ocasións "non se sabe se é un plus ou un puntiño menos para poder xogar", recoñece.
Ángel tiña claro que a do Pontevedra, con quen "viña falando desde hai tempo", era a súa primeira opción. "Sabía que quería vir, tiña unha oferta de renovación do Rayo e algunha máis por aí, forcei un pouco para ver se podían chegar igualar algunha delas e ao final facendo un esforzo todos púidose dar", revela.
En canto ao seu novo equipo, "sempre motiva xogar nun sitio así, nun estadio como Pasarón e coa afección do Pontevedra, un equipo histórico de Galicia", explica, ao que engade que "sei que ten un bo grupo". No seu pasado chegou a coincidir con Yelko Pino na Cultural Leonesa, xogou en ocasións contra Samu Araújo "e a Charles coñéceo todo o mundo", sinala.
Confirmado a súa fichaxe, para as dúas próximas tempadas, o defensor asegura estar "con moitas ganas" de vestirse xa de curto para afrontar o reto da Primeira RFEF co Pontevedra, unha categoría "moi bonita e que creo que este ano mesmo está un pasito por encima do ano pasado. Vai estar todo moi igualado".
Bastos conta cunha importante experiencia en Segunda División, categoría na que xogou 82 partidos oficiais en equipos como a Cultural Leonesa, o Reus e o Extremadura, pasando ademais hai anos polas filas do Coruxo ademais de polo Rayo Majadahonda, do que procede tras defender as súas cores as dúas últimas tempadas.
Relacionadas:
-
Mario Ortiz convértese na segunda fichaxe do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Toni Otero, sobre a opción de fichar a Sergio Marcos e Jon Bakero: "Falamos, as súas pretensións son altas e oxalá puidesen vir"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra comeza a pretemporada este luns coa ausencia de Pacheco e Samu Santos
Por Redacción |
-
Na busca de xogadores sub-23 e con dúas (ou tres) fichas sénior dispoñibles
Por Diego Espiño |
-
Os prezos da campaña de socios do Pontevedra CF, unha incógnita para os afeccionados
Por Almu Dapena |
-
Entradas a 15 euros para os afeccionados que acompañen o Pontevedra nos partidos fóra de Pasarón
Por Redacción |
-
O Pontevedra vestirá a marca Hummel por cuarta tempada consecutiva
Por Diego Espiño |
-
Desvelado o calendario de pretempada do Pontevedra con seis partidos amigables
Por Diego Espiño |
-
Santi Figueroa xogará no Arosa a próxima tempada co reto de "tratar de explotar e demostrar todo o meu nivel"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra que quere Antonio Fernández: "Un equipo protagonista, que vai querer o balón"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Carpetazo ás renovacións no Pontevedra: "Os que cremos que había que renovar están renovados"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Antonio Fernández promete "traballo e dedicación" na súa presentación co Pontevedra: "Vir aquí é un orgullo"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Antonio Fernández, novo adestrador do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Alberto Rubio pecha a súa renovación co Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Samu Araújo prolonga por un ano o seu contrato co Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Javi Rey cambia o Pontevedra polo Real Avilés de Segunda RFEF: "Supón un novo reto para min"
Por Diego Espiño |