O Pontevedra comeza a pretemporada este luns coa ausencia de Pacheco e Samu Santos
Por Redacción
Termináronse as vacacións para o persoal do Pontevedra Club de Fútbol. O conxunto granate arrinca este luns 18 de xullo a pretemporada no Estadio Municipal de Pasarón a partir das 10:00 horas, a porta aberta con acceso permitido para os afeccionados a través da entrada de Tribuna.
Será a primeira sesión de adestramento dirixida por Antonio Fernández, que citou a 26 xogadores entre os que destaca a ausencia de Pacheco e Samu Santos, que contaban con contrato pero deixarán de ser xogadores do primeiro equipo.
Asegurada estará a presenza dos sub-23 Miguel Román e Martín Diz e dos sénior con contrato, como son os gardametas Pablo Cacharrón e Álvaro Cortés, os defensores Churre, Seoane, Samu Araújo, David Soto e o fichado Bastos, o centrocampista Yelko Piñeiro, os extremos Oier Calvillo, Álex González e Alberto Rubio e os atacantes Charles, Brais Abelenda e Rufo.
Completan a convocatoria o xogadores do filial Manu Vizoso, Felipe, Mario, Jorge Balea, Sergio, Boiro, Fraga, Víctor, Brais e Valentín.
Relacionadas:
-
Ilusionante vitoria do Pontevedra no seu primeiro duelo de pretemporada fronte ao Lugo (1-0)
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Bota a andar o proxecto do Pontevedra en Primeira RFEF con Seoane e Rufo entre algodóns
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Jesús Ramos volve ao Pontevedra como adestrador do filial e director deportivo da canteira
Por Diego Espiño |
-
Na busca de xogadores sub-23 e con dúas (ou tres) fichas sénior dispoñibles
Por Diego Espiño |
-
Os prezos da campaña de socios do Pontevedra CF, unha incógnita para os afeccionados
Por Almu Dapena |
-
Entradas a 15 euros para os afeccionados que acompañen o Pontevedra nos partidos fóra de Pasarón
Por Redacción |
-
O Pontevedra vestirá a marca Hummel por cuarta tempada consecutiva
Por Diego Espiño |
-
Desvelado o calendario de pretempada do Pontevedra con seis partidos amigables
Por Diego Espiño |
-
Ángel Bastos, primeira fichaxe granate: "Cando vin que o Pontevedra subía a Primeira RFEF a miña intención era vir aquí"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra que quere Antonio Fernández: "Un equipo protagonista, que vai querer o balón"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |