Contundente e convincente triunfo do Pontevedra sobre o Compostela (0-3)
Por Ramiro Espiño
Sólidez e superioridade. Nun escenario inédito nesta pretemporada, coa herba sintética e unha calor asfixiante como protagonista, o Pontevedra volveu deixar escintileos que proban o seu bo camiño neste período de preparación. Fíxoo impoñéndose a un Compostela que foi claramente superado nun primeiro tempo solvente dos de Luismi, que na Escravitude aproveitou para incrementar a dose de minutos dalgún dos seus homes, mentres reservaba a outros con molestias.
Como en compromisos anteriores fronte a rivais de categoría superior ou da súa mesma categoría, o Pontevedra foi un equipo serio en defensa, que non deu opcións a un Compostela ao que apenas deixou chegar con perigo á súa área. Controlando o partido a través da posesión do balón, a banda dereita dos granates, con Nacho López e Javi López puxo a faísca. Por alí chegaron sempre as xogadas máis vistosas e de maior perigo, con mención especial ao traballo polas zonas interiores de Pedro Vázquez.
Os granates adiantáronse pronto, volvendo poñer de manifesto que esta tempada a estratexia pode render bos froitos. Foi como consecuencia dunha falta lateral lanzada por Javi López, que rematou de cabeza Churre.
Mantendo o dominio, o ritmo marcábao a intensa calor, que obrigou a deter o xogo á media hora para que os protagonistas puidesen refrescarse. Xusto despois, nada máis renovarse o partido, chegaba o segundo tanto, un auténtico golazo conseguido por Kevin Presa, cun disparo desde fóra da área, outra das facetas que parece querer utilizar máis o conxunto pontevedrés nesta nova versión.
Á calor e o lóxico cansazo, uníronse os numerosos cambios realizados por ambos os técnicos nunha segunda parte que baixou lixeiramente o ritmo, pero non o dominio granate. Os de Luismi seguiron controlando sen problemas e ampliaron distancias nunha gran xogada que iniciou Kevin Presa arrincando desde o centro do campo para irse á dereita para, cando todos esperaban o centro cara a Javi Pazos, poñela atrás sobre a chegada de Romay, que non perdoou colocando o balón na escuadra para pechar un marcador xusto e convincente.
SD COMPOSTELA (0): Anxo Pérez; Saro, Piscu, Queiruga, Sergio Pereira; Samu, Ube; Josiño, Víctor, Rubén; e Aythami. Tamén xogaron: Lorenzo, Miki, Mon, David Uña, Santi, Álvaro Casas, Brais Abelenda, Marcos Remeseiro e Naveira
PONTEVEDRA CF (3): Edu, Nacho López, Adrián Léon, Churre, David Castro; Pedro Vázquez, Kevin Presa, Mouriño; Javi López, Rivera e Pibe. Tamén xogaron: Rubén, Juan Barbeito, Campillo, Álex Fernández, Javi Pazos, Romay, Nacho Lorenzo e Jesús Barbeito.
Árbitro: Julio Martínez (Galicia).
Goles: (0-1) Minuto 6: Churre. (0-2) Minuto 29: Kevin Presa. (0-3) minuto 84: Romay.
Incidencias: Novo campo do Doce (A Escravitude-Padrón). II Torneo Vila de Padrón.
AMIGABLE ANTE O FABRIL
O Pontevedra terá un novo partido de preparación que engadir ao seu calendario de pretemporada. Será en Pasarón, ante o Deportivo Fabril, o vindeiro venres, día 10, ás 20:30 horas.
Relacionadas:
-
Recital de Romay, autor de catro goles no triunfo granate sobre o Juvenil de Ponteareas (1-6)
Por Redacción |
-
Vitoria pola mínima do Pontevedra ante o Fabril nun amigable sen pena nin gloria
Por Diego Espiño & Paula Sanmartín |
-
Romay ve neste Pontevedra "un equipo para ser ambiciosos"
Por Diego Espiño |
-
Empate sen goles para o Pontevedra ante o Arenteiro de Terceira División
Por Redacción |
-
A pretempada do Pontevedra gaña en intensidade
Por Redacción |
-
O traballo defensivo gaña protagonismo na pretempada granate
Por Diego Espiño |
-
O triangular do Carneiro ao Espeto, para o Pontevedra
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Pontevedra volve dar a talla ante un Segunda División e empata ante o Lugo (1-1)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |