O Pontevedra volve dar a talla ante un Segunda División e empata ante o Lugo (1-1)
Por Diego Espiño & Diego Torrado
Positiva imaxe dos granates no seu segundo de pretempada, único que en principio xogarán no Estadio Municipal de Pasarón, nun Trofeo Luís Otero no que de novo o rival era un conxunto da Segunda División, nesta ocasión o Club Deportivo Lugo. A cita serviu para confirmar as boas sensacións mostradas en Avilés e gañar confianza para seguir traballando na preparación para o inicio ligueiro.
Luismi apostou de novo por presentar dúas formacións en cada un dos tempos, empezando cun 4-2-3-1 no que Javi Pazos ocupaba a punta e Berrocal estaba algo máis atrasado.
A aposta funcionou no primeiro acto ante, en teoría, segunda unidade luguesa. Os granates trataron de levar a iniciativa nun encontro propio da época, con minutos de tenteo e ritmo lento, pero foi o equipo que máis propuxo en ataque.
Avisou en dúas ocasións Álex González con dous tímidos achegamentos no 12 e o 24, cun lanzamento sen perigo no medio de Escriche para os visitantes, antes de que chegase o 1-0. Foi pasada a media hora de xogo nunha acción de Nacho López pola dereita, cun centro pasado que amornou Álex González e o canteirán Iñaki de cabeza mandou ao fondo da rede.
A acción animou aos granates, que antes do descanso volveron chegar con perigo nunha xogada polo costado zurdo que Javi Pazos en boa situación rematou frouxo.
Así se chegou ao descanso, e segundo o previsto a segunda metade iniciouse cunha renovación case total no Pontevedra. Só Berrocal continuou no campo (ata que no minuto 72 substituíulle Pedro Vázquez), aínda que atrasou a súa posición ata o dobre pivote xunto a Kevin Presa. Tardou máis o Lugo en dar entrada aos recambios, que entraron case en bloque no minuto 61.
Todo iso fixo que o ritmo que minimamente tomara o encontro volvese decaer. Os de Luismi deron un paso atrás ante un cadro visitante que se asomaba máis pola área local aínda que sen excesivo perigo. Así foron pasando os minutos ata que a falta de 8 para o final José Carlos lograba a igualada cun disparo desde a interior da área que rebotou na defensa para bater a Ualoloca.
Co empate chegaríase ao final do encontro, previa clara ocasión de Pedro Vázquez xa no desconto, tendo que decidirse o Trofeo Luís Otero nos penaltis. Nesa sorte o máis eficaz foi o Pontevedra, con dúas paradas de Ualoloca en lanzamentos de Juan Muñiz e Cristian que deixaron o trofeo na casa.
En definitiva, boa imaxe de novo a mostrada polo Pontevedra no seu segundo partido de pretempada, manténdose invicto a pesar de xogar ante dous equipos que militan en Segunda División.
PONTEVEDRA CF (1): Edu, Nacho López, Pacheco, Adrián León, Nacho Lorenzo, Jesús Barbeito, Álex Fernández, Iñaki, Álex González, Berrocal, Javi Pazos.
2ª parte: Ualoloca, Juan Barbeito, Campillo, Churre, David Castro, Kevin, Berrocal (Pedro Vázquez, minuto 72), Pibe, Javi López, Mouriño, Rivera.
CD LUGO (1): Juan Carlos, Kike Pérez, Vieira, Malagón, Luis Ruiz, Calderón, Guille Donoso, Hugo Rama, Varo, Gustavo Quezada, Escriche.
También jugaron: Kravets, Carlos Pita, Leuko, Bernardo, Cristian, Seoane, Jona, Juan Muñiz, José Carlos, Iriome, Cacharrón.
Árbitro: Óscar Martínez Santos, auxiliado en las bandas por Alberto Blanco y Jesús Calvelo.
Goles: 1-0 Iñaki (minuto 31), 1-1 José Carlos (minuto 82).
Incidencias: LIX Trofeo Luis Otero disputado en el Estadio Municipal de Pasarón ante alrededor de 500 espectadores.
Relacionadas:
-
Contundente e convincente triunfo do Pontevedra sobre o Compostela (0-3)
Por Ramiro Espiño |
-
O traballo defensivo gaña protagonismo na pretempada granate
Por Diego Espiño |
-
O triangular do Carneiro ao Espeto, para o Pontevedra
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
A estrea do Pontevedra, fóra da casa ante Unionistas de Salamanca
Por Diego Espiño |
-
Diego Cervero, no punto de mira para reforzar a dianteira
Por Diego Espiño |
-
Boa imaxe do Pontevedra en Avilés fronte o Real Sporting, no primeiro test de pretemporada (1-1)
Por Ramiro Espiño |