Ravachol preséntase no 2023 como paciente dun PAC da área sanitaria e morrerá sen que o vexa un médico
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
A sanidade pública segue sendo o centro de atención do loro Ravachol. Se en 2022 aparecía coas tres doses da vacina anti covid, neste ano preséntase crítico coa situación sanitaria e recolle as queixas de miles de usuarios dos Puntos de Atención Continuada (PAC) da área cun cartel en que se le 'A Sanidade pública non se vende'.
Decenas de persoas achegáronse durante a tarde deste luns para ver o disfrace de Ravachol, que se presentaba pasadas as 19.30 horas na recreación da Botica de Perfecto Feijoo na praza da Peregrina. Alí esperábano os integrantes da Irmandade do Ravachol, o boticario e o grupo musical Lerçe animando a festa.
O papagaio, ataviado cun xersei vermello, mostra a aplicación móbil do Sergas para pedir citas, informes médicos e atópase nunha sala de espera agardando a ser atendido.
María Simal, representante da Irmandade do Ravachol, lía o discurso elaborado por Álvaro Lago, no que se facía referencia a Ravachol como habitante máis aló do tempo "sempre distinto, como as augas do Lérez, que sempre son as mesmas e nunca son a mesma auga (sen falarmos agora de porcalladas contaminantes: triste é o cantar que cantamos)".
Sinalan que o paxaro aparece este ano melancólico e apagado e, no escrito, aseguran que "haberá que levalo a un dos PAC que, polo de agora, seguen abertos; a ver se, de chorra, atopamos persoal sanitario que o atenda".
Simal concluía desexando felicidade e goce durante estas xornadas ata que o corpo aguante ao berro de "Viva ou entroido!, viva Pontevedra!, viva Ravachol!".
Lamentablemente, o loro máis coñecido da bisbarra está previsto que faleza o vindeiro sábado 25 de febreiro debido a tanta troula e sen opción de atopar un médico que o atenda dos seus males. O velorio vai establecerse a partir das 18.00 horas na praza a Verdura. A familia prega a asistencia de loito rigorosos.
A partir das 21.00 horas do sábado comezará o cortexo fúnebre desde a praza da Verdura, acompañado polas comparsas Las Flores del Carnaval, Os Paparrulos, Os 100 Tolos, Vamos a Todo e Os Solfamidas. O percorrido será polo centro histórico ata a praza da Ferrería onde será incinerado entre a multitude de xente sentida pola súa morte.
Relacionadas:
-
Podería ser recoñecido Ravachol nas Letras Galegas? A clave está en Enrique Labarta
Por María José Pita & Mónica Patxot |
-
Ravachol arde para poñer fin ao Entroido 2023 en Pontevedra
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
A Mostra da Parodia recolle con retranca a compra de Santa Clara, as galas no rural ou as partidas de petanca
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Os do Val do Lérez gañan o concurso de murgas
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Tarde de festa infantil en Monte Porreiro para celebrar o Entroido
Por Redacción |
-
Piratas a babor e estribor na noite máis divertida e bandida
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Máis de 60 locais participarán do Entroido coa festa 'Os Xoves da Pasarela'
Por Redacción |
-
Dez murgas, a polo cetro de 'retranqueiros' do Entroido pontevedrés
Por Redacción |
-
Un multitudinario desfile de Entroido enche as rúas de Pontevedra de música, cor, fantasía e retranca
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
O Entroido máis esperado tamén se celebrou nos colexios
Por Redacción |
-
Xa está aquí o Entroido, "unha semana a todo meter onde a carallada é a protagonista"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |