A cidade de Pontevedra xa é oficialmente candidata a Capital Española da Gastronomía 2023
Por Redacción
A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, recibiu este mércores unha carta asinada polo presidente de Capital Española da Gastronomía (CEG), Mariano Palacín, e o seu director xeral, Pedro Palacios, na que confirman que Pontevedra participará no proceso de selección das candidaturas ao galardón de Capital Española da Gastronomía 2023.
Na súa misiva, os máximos responsables da distinción CEG, outorgada baixo o mecenado de Fepet (Federación Española de Periodistas y Escritores de Turismo), Hostelería de España, Turespaña, o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, o Instituto para a Calidade Turística e a Organización Mundial de Turismo, aseguran que estarán "encantados" en participar naqueles actos promocionais organizados por Turismo de Pontevedra e Pontevedra Capital Gastro durante a Feira Internacional de Fitur, que se celebrará en Madrid entre os días 19 e 23 de xaneiro.
A campaña que Turismo de Pontevedra presentará o venres 21 de xaneiro no Pavillón de Galicia en Fitur terá como un dos seus elementos centrais este anhelo da Boa Vila de converterse en referente gastronómico nacional e de consolidar a súa marca Pontevedra Capital Gastro, xunto coa súa oferta de turismo verde e o seu afianzamento como sede de grandes eventos deportivos.
Non obstante, na proposición de candidatura que a Concellería de Promoción Económica e Turismo lle remitiu aos responsables de CEG sublíñase que "Pontevedra ten tódolos ingredientes necesarios para 'cociñarse' como referente gastronómico galego, nacional e mesmo internacional" e faise fincapé nos gastroeventos e iniciativas postos en marcha no marco do proxecto Pontevedra Capital Gastro, "a receita" para acadar estes obxectivos: Festa das Cunchas (coa Batalla das Cunchas), Avoa Fest (co Desafío Filloa), 'Mestizaxes, cociñas de ida e volta', Capital Gastrolab, Mesa de Gastronomía, Premio Loureiro de Ouro, Banda Cociñas de Pontevedra, entre outras iniciativas.
A carta de Palacín (tamén presidente da Fetep) e Palacios lembra que Sanlúcar de Barrameda (Cádiz) ostenta desde o día 1 de xaneiro o título de CEG 2022, con vixencia ata o 31 de decembro, e que o actual proceso de candidaturas para 2023 "está aberto a tódalas cidades españolas", polo que "como é habitual, en xullo remitiranse as cartas de invitación aos alcaldes das cidades relevantes no ámbito da gastronomía", non estando prevista a elección ata outubro/novembro.
En opinión de Yoya Blanco, "a candidatura de Pontevedra conta cuns argumentos gastronómicos e culinarios envexables para outras cidades e conta coa súa propia Banda de Cociñas e con padriños e madriñas de excepción, como o noso estrela Michelin Iñaki Bretal, o ‘masterchef’ Carlos Maldonado ou a investigadora e experta do Basque Culinary Center Eva Ballarín", polo que non ten "ningunha dúbida de que estamos ante unha proposta gañadora".
Relacionadas:
-
A segunda edición da Festa das Cunchas reforza a candidatura de Pontevedra a capital española de la gastronomía
Por Manu Otero |
-
Pontevedra promete unha proposta "potente" para ser a Capital Española da Gastronomía 2023
Por Alejandro Espiño |
-
Unha viaxe no tempo aos anos 50 para dar a merecida homenaxe á cociña das avoas
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Unha romaría dos anos 50 na Illa das Esculturas dará unha volta ao Avoa Fest o sábado 28 de maio
Por Natalia Puga & Diana Eiras |
-
Cuenca pugnará con Pontevedra por ser Capital Española da Gastronomía en 2023
Por Redacción |
-
O Entroido Gastronómico adoza a Praza de España coa I Feira das Reposterías e Panaderías
Por Raquel Currás Martínez |
-
Pontevedra albergará en maio o primeiro concurso de tapas e petiscos de Galicia
Por Manu Otero |
-
Unha feira de repostería e pastelería tradicional para celebrar o Entroido pontevedrés
Por Redacción |
-
Amor polo comercio local, a campaña do Concello para o día de San Valentín
Por Redacción |
-
A Boa Vila tamén quere ser a sede do primeiro Campionato Galego de Pinchos e Tapas
Por Redacción |
-
Un set de produtos con selo pontevedrés de Hifas da Terra para Pedro Sánchez en Fitur
Por Redacción |
-
Aberto o prazo para presentar proxectos ao Capital Gastro Lab
Por Redacción |
-
'Non todo vai ser sufrir!': Así é o vídeo que Pontevedra leva a Fitur
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra viaxará a Fitur como potencia gastronómica
Por Manu Otero |
-
Tres millóns para converter Pontevedra en destino turístico sostible e referente gastronómico
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O Ministerio de Educación premia o proxecto de "Gastronomía Circular" do Carlos Oroza
Por Oskar Viéitez |