Os profesionais sanitarios plántanse ante a continua sobrecarga de traballo de cada verán
Por Manu Otero & Mónica Patxot
Os profesionais da sanidade pública din basta. De forma simultánea, en centros de saúde e hospitais de toda a área sanitaria de Pontevedra os sanitarios protagonizaron protestas para denunciar a sobrecarga que levan anos padecendo, e que se acentúa ata límites inasumibles na época estival, e esixir aos xestores do Sergas un maior investimento e planificación dos recursos humanos.
Aínda que houbo manifestacións nos centros de saúde de Bueu, Seixo, Marín, A Parda, Monte Pporreiro, Lérez, Peregrina, Moraña, Cuntis, Caldas, Arcade, Pontesampaio, Vilaboa e Anafans, as máis numerosas tiveron lugar no centro de saúde de Baltar, en Sanxenxo; e na praza do Hospital Provincial de Pontevedra. Espazos nos que os profesionais contaron co apoio de numerosos veciños e visitantes que se solidarizaron coas súas peticións.
"Primeiro estivemos no centro de saúde de Baltar. Podiamos elixir calquera outro centro ou PAC porque todos están igual de precarios, baixo mínimos, con cansazo, presión e tensión. Non poden máis. Pero escollemos aquel polas declaracións de Telmo Martín, que non nos explicamos como non pediron a súa dimisión", sinalou Carmen Revenga, portavoz do sindicato Omega e un dos promotores desta mobilización xunto a PROSAGAP, CIG, UXT, CSIF, CCOO, SATSE e CESM; en referencia ás declaracións do rexedor sanxenxino nas que reclamaba aos médicos que se dedicasen a facer o seu traballo e non política.
As razóns que levan a estes sindicatos a saír á rúa débense a que os centros de saúde están baixo mínimos, "non sustúen a ninguén, nin xubilacións nin vacacións", subliña Revenga que pon en dúbida o discurso do Sergas sobre a falta de persoal dispoñible para facer estas substitucións. "Hai déficit de enfermeiras e todo o persoal de PSX. Todas as categorías son deficitarias", insiste.
O detonante deste paro está no incremento da carga de traballo derivado da elevada afluencia de turistas durante os meses de verán. "Isto xa pasaba antes da pandemia, pero agora a Atención Primaria é a que leva tamén toda a carga de PCRs, contactos, Urxencias... Desde os despachos fan as cousas sen coñecer a realidade. As axendas poden empezar con 50 e acabar con 70. Hai profesionais que empezan ás 8 e dan as 17 horas e seguen no centro de saúde", denuncia.
Tamén piden o apoio dos pacientes, que moitas veces pagan a súa frustración co persoal sanitario. "A xente debe poñer follas de reclamación, porque hai que poñer máis recursos humanos", pide ao mesmo tempo que critica declaracións da xerencia nas que poñen en valor que non existen queixas polo funcionamento dos centros de saúde.
Alertan ademais que "se están atrasando citas e pode conlevar atrasos en diagnósticos que deben facerse antes". Por todo iso, seguirán manifestándose ata conseguir máis investimento e mellor planificación tanto na Atención Primaria como na hospitalaria.
O SERGAS DEFENDE A SÚA PLANIFICACIÓN ESTIVAL
A resposta do Sergas ás mobilizacións non se fixo esperar. A través dun comunicado, a xerencia da área sanitaria explicou que a planificación estival realízase xestionando os recursos dispoñibles baixo criterios de continuidade asistencial e compatibilizando o deber de prestar asistencia sanitaria co dereito dos profesionais ao seu descanso vacacional.
Ante a imposibilidade de cubrir a totalidade das ausencias estivais, que é o principal propósito do Sergas, óptase por efectuar prolongacións de xornadas ou intersubstitucións, é dicir, que o resto de profesionais dun mesmo centro de saúde atendan provisionalmente a cota das consultas de pacientes correspondentes ao profesional ausente.
Relacionadas:
-
Homenaxean aos 140 profesionais xubilados da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés
Por Redacción |
-
O BNG defende a sanidade pública cunha concentración no centro de salud de Anafáns
Por Redacción |
-
Profesionais de fisioterapia e enfermería alzan a voz contra a sobrecarga e precariedade na Atención Primaria
Por Manu Otero |
-
"O Sergas quérenos así", de xeonllos e traballando 48 horas seguidas
Por María José Pita |
-
A incorporación dun novo facultativo garante a continuidade da atención primaria en Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
Protesta do persoal dos nove PAC da área sanitaria polas quendas impostas: "no hay cuerpo que lo aguante"
Por Anxo Lourido |
-
Os centros sanitarios de Pontevedra dan a benvida a 28 médicos en prácticas
Por Redacción |
-
VIDEO.- O centro de saúde de Baltar asolágase con augas fecais
Por Redacción |
-
Convocan unha protesta na Lama en defensa da sanidade pública
Por Redacción |
-
"Non aos recortes no Centro de Saúde de Seixo", berro reivindicativo na concentración ante o Concello
Por Redacción |
-
Piden a destitución de José Ramón Gómez por ser o "peor xerente posible" da área sanitaria
Por Redacción |
-
Alertan de que o único médico do Centro de Saúde de Vilalonga atende a máis de 60 persoas diarias por quenda
Por Redacción |
-
Gonzalo Caballero demanda á Xunta fortalecer os servizos públicos cos cartos do fondo anticovid do Goberno de España
Por Oskar Viéitez |
-
Convocan concentracións pola "mala xestión dos recursos humanos" na Sanidade Pública
Por Oskar Viéitez |
-
O Conselleiro de Sanidade, sorprendido "desagradablemente" ante a denuncia penal do Colexio de Médicos
Por Redacción |
-
Piden a dimisión do alcalde de Sanxenxo por acusar os sanitarios de Baltar de desatender o seu traballo
Por Redacción | Creada e actualizada