Gonzalo Caballero demanda á Xunta fortalecer os servizos públicos cos cartos do fondo anticovid do Goberno de España
Por Oskar Viéitez
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou este mércores en Sanxenxo na concentración diante do Centro de Saúde de Baltar para esixir ao Sergas reforzos do persoal sanitario.
En declaracións aos medios de comunicación, o líder socialista galego puxo de relevo os 828 millóns de euros que vai recibir a Xunta de Galicia procedentes do fondo anticovid activado polo Goberno de España. E reclamoulle ao goberno galego que "aproveite esta importante cantidade para fortalecer os servizos públicos en Sanidade, Educación ou Servizos Sociais".
O mandatario socialista indicou que "é necesario que exista una mobilización masiva en Galicia para defender una sanidade pública de primeira e para non permitir a situación tan complexa que está a sufrir a sanidade pública e especialmente a Atención Primaria".
Gonzalo Caballero dí que esa situación complexa provoca que o 20 por cento dos galegos teñan que esperar máis de catro días –e en moitos casos ata 15- para acadar unha cita no médico de cabeceira, "o que non é de recibo para un país do sećulo XXI".
Caballero cre que "é necesario que a Xunta poña os fondos necesarios para fortalecer a sanidade, para cubrir as vacacións e conseguir que o sistema sanitario poida seguir funcionando" e remarcou que "é necesario sacar durante esta lexislatura cinco mil prazas estables para profesionais sanitarios para cubrir baixas ou xubilacións e impedir que sigan existindo listas de espera en Atención Primaria, o cal é un atentado contra os dereitos sanitarios dos galegos e as galegas".