
© Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo
"Non aos recortes no Centro de Saúde de Seixo", berro reivindicativo na concentración ante o Concello

Por Redacción

© Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo

© Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo
Numerosa concentración desenvolvíase na tarde do xoves diante do Concello de Marín mentres no interior do edificio se desenvolvía o pleno municipal da Corporación.
A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo, conformada por 18 colectivos de Santomé de Piñeiro, O Campo, Ardán e Seixo, convocaba esta protesta para manifestar o seu rexeitamento aos recortes na atención sanitaria. Queren presionar para que se contrate persoal por parte da Xunta para dotar de persoal ao Centro de Saúde desta parroquia marinense.
Os manifestantes utilizaron proclamas como "Ramallo escoita o pobo está en loita", "sanidade, pública e de calidade", "non aos recortes no Centro de Saúde" y "os do rural, tamén temos dereitos". Na concentración tamén se atopaban familias da escola Nosa Señora do Carme onde está previsto que leven a cabo recortes de persoal educativo a partir do mes de setembro.
Dous integrantes da Plataforma, Nina Santos, presidenta da asociación O Tombo de Ardán e a portavoz Iria Aboi, da Asemblea Veciñal dá Torre, interviñeron no pleno alertando que o Centro de Saúde de Seixo quedarán con catro horas con consulta de médico para unha soa cota de pacientes, cando antes atopábanse dous profesionais a tempo completo para dúas cotas.
Lembraron que o Centro de Saúde de Marín presenta longas colas para solicitar citas médicas e denuncian que non se cobre ao persoal de vacacións en especialidades como pediatría.
O goberno municipal non aprobou a moción veciñal para rexeitar os recortes. Ante esta situación, desde o colectivo anuncian novas protestas e estudan a opción de acudir aos tribunais de xustiza.
A partir do luns 16, integrantes da Plataforma acudirán ao Centro de Saúde de Seixo a partir das 09.30 horas para axudar a aqueles usuarios que queiran poñer reclamacións polos recortes que sofre este consultorio.
Relacionadas:
-
Esixen recuperar as tres aulas de infantil na escola Nosa Señora do Carme
Por Oskar Viéitez |
-
Admiten a trámite a denuncia veciñal polos recortes na atención sanitaria en Seixo
Por Redacción |
-
A Plataforma de Seixo denuncia ante a Valedora do Pobo a vulneración do dereito á protección da saúde
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE acusa a María Ramallo de defender antes ao seu partido que aos veciños
Por Oskar Viéitez |
-
Os profesionais sanitarios plántanse ante a continua sobrecarga de traballo de cada verán
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Mobilización veciñal contra os recortes na Atención Primaria no centro de saúde de Seixo
Por Redacción |
-
BNG e PSOE apoian as demandas veciñais de defensa do centro de saúde de Seixo
Por Redacción |