Convocan unha protesta na Lama en defensa da sanidade pública
Por Redacción
O BNG da Lama denuncia que durante os últimos días o centro de saúde quedou sen o seu único facultativo, deixando o concello sen servizo de atención primaria e sen a posibilidade de atender as posibles urxencias, co risco que isto implica para a saúde da veciñanza.
A situación que acontece na Lama, alertan, enmárcase no "contexto de desmantelamento da Atención Primaria e do conxunto da sanidade pública que desenvolve A Xunta por todoa comunidade".
Critican que hai baixas e vacacións do persoal que non se cobren e que no caso da Lama se ve empreorada co insuficiente servizo de pediatría con itinerancias, tendo que desprazarse aos centros de saúde doutros concellos as persoas que precisan recibir atención sanitaria.
Por todo elo, o BNG convoca unha concentración este domingo día 5 ás 11 da mañá, diante do centro de saúde da Lama en defensa da sanidade pública para dar resposta a esta situación.
O portavoz municipal do BNG, Jesús Fortes destacou que "esta nova humillación do Sergas á veciñanza da Lama supera todas as liñas vermellas. No PP terán que explicar que é o que lle fixeron as nosas veciñas e veciños para tratalos deste xeito, deixando ao noso concello sen facultativo".
Neste contexto, os nacionalistas animan a toda a veciñanza de a Lama que crea na sanidade pública a que se concentre na mañá deste domingo en defensa da sanidade pública para "deixarlles claro que non imos permitir que xoguen coa saúde das veciñas e veciños da Lama".
Relacionadas:
-
Reclamación unánime do pleno da Lama para mellorar a Atención Primaria no centro de saúde
Por Redacción |
-
Os profesionais sanitarios plántanse ante a continua sobrecarga de traballo de cada verán
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Convocan concentracións pola "mala xestión dos recursos humanos" na Sanidade Pública
Por Oskar Viéitez |
-
Denuncian o descoido do Sergas ante a avalancha de afectados por covid-19 nos centros de saúde
Por Redacción |