Máis do 21% das probas de cribado no Vao resultaron positivas por covid

Por Diego Espiño
A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés tardou varias semanas en facer públicos os resultados do cribado poboacional realizado polo Servizo Galego de Saúde no Vao, Poio, entre o 18 e 21 de xaneiro.
Finalmente Sanidade confirmou que durante eses días realizáronse 327 probas á poboación da zona, sendo citados 447 veciños.
O sorprendente dos datos é a alta positividade detectada, e é que as probas PCR confirmaron ata 71 infeccións de coronavirus neste cribado.
Por tanto a taxa de positividade foi do 21,71%, máis elevado do que é habitual pero algo esperado, xa que as estatísticas durante esas xornadas se disparaon no municipio de Poio levando a incidencia acumulada no municipio por riba do nivel extremo de 1.000 casos por cada 100.000 habitantes.
A domingo 7 de febreiro Poio conta con 361 casos activos de covid, tres menos que o sábado. Isto supoñen 301 casos nos últimos 14 días cunha incidencia acumulada de 1.763.
Relacionadas:
-
Notable descenso dos casos de covid-19 en Pontevedra, Poio, Vilagarcía, Ponte Caldelas ou Sanxenxo
Por Redacción |
-
Durante a primeira semana de febreiro detectáronse 27 positivos nos 6.320 test por cribado na área sanitaria
Por Redacción |
-
Este martes comeza un cribado a 4.069 persoas na Escola Obradoiro de Caldas de Reis
Por Oskar Viéitez |
-
O cribado realizado en Poio detecta 41 positivos entre as máis de 6.000 mostras analizadas
Por Manu Otero |
-
O Sergas fará un cribado xeral en Poio diante do avance da covid-19
Por Oskar Viéitez |
-
"Ordenado" e "masivo" primeiro día do cribado de covid-19 no poboado do Vao
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Sanidade centrará no Vao o seu primeiro cribado masivo en Poio
Por Alejandro Espiño |