Notable descenso dos casos de covid-19 en Pontevedra, Poio, Vilagarcía, Ponte Caldelas ou Sanxenxo

Por Redacción
O descenso da incidencia da covid-19 que se rexistra na área sanitaria de Pontevedra xeneralizouse en practicamente todos os seus municipios. Moito máis acusada está a ser, iso si, naqueles que tiñan peores datos, segundo o balance do Servizo Galego de Saúde.
A cidade de Pontevedra conta este luns 8 de febreiro con 562 casos activos por covid-19. Son ata 44 menos dos que había o día anterior. A incidencia acumulada a 14 días reduciuse ata os 628 casos por cada 100.000 habitantes.
Poio, que se mantén nunha incidencia superior a 1.000, tamén experimenta unha notable baixada no seu número de infectados, 54 menos que onte, para un total de 307.
Os outros dous municipios na 'lista negra', Sanxenxo e Soutomaior, presentan quince e sete contaxiados menos, respectivamente. Teñen 176 e 152 habitantes con covid-19.
Moraña, con 43 casos activos (catro menos), volve saír da máxima incidencia e únese, entre os municipios con máis de 750 casos por cada 100.000 habitantes, a Ponte Caldelas, que ten 43 contaxiados (14 menos); e Vilaboa.
Vilagarcía de Arousa, que ten 193 infectados (23 menos); Marín, con 134 (seis menos); e Bueu, con 28 (catro menos); rexistran tamén importantes descensos, mentres que Meaño e Cuntis baixan un, ata os 36 e os 27 respectivamente.
Aumentan lixeiramente os seus casos activos con respecto a este domingo, nun máis concretamente, A Illa de Arousa (28), Cerdedo-Cotobade (26) ou A Lama (21); fronte aos dous que sobe Meis (38) ou os seis infectados máis que hai en Cambados (67).
Nas últimas 24 horas non houbo cambios en Barro (22), Portas (17) e Campo Lameiro (9).
A incidencia acumulada a 14 días de cada municipio, a partir dos datos proporcionados polo Servizo Galego de Saúde, pódese consultar no mapa que acompaña a esta información.
Relacionadas:
-
Só Poio e Soutomaior superan unha incidencia de 1.000 tras saír Sanxenxo dese nivel
Por Redacción |
-
18 denuncias en Vilagarcía por participar en botellóns saltándose as medidas sanitarias
Por Redacción |
-
O elevado número de altas fai baixar os casos activos na área sanitaria a pesar de sumar 91 novos contaxios
Por Diego Espiño |
-
Caen a 59 os contaxios diarios por covid na área sanitaria pero sobe a hospitalización
Por Diego Espiño |
-
Moraña volve exceder o limiar dos 1.000 de incidencia acumulada uníndose a Poio, Sanxenxo e Soutomaior
Por Redacción |
-
Máis do 21% das probas de cribado no Vao resultaron positivas por covid
Por Diego Espiño |