Só Poio e Soutomaior superan unha incidencia de 1.000 tras saír Sanxenxo dese nivel

Por Redacción
O progresivo descenso da presión da covid-19 en Sanxenxo tivo os seus efectos. O municipio reduciu a súa incidencia acumulada a 14 días por baixo dos 1.000 casos por cada 100.000 habitantes. Só Poio e Soutomaior, tamén á baixa, superan esa barreira.
Sanxenxo, semanas despois de situarse no nivel extremo, logra reducir os seus índices de contaxio. A día de hoxe, 9 de febreiro, ten 166 casos activos por covid-19 (dez menos).
Mentres tanto, Poio tamén reduce a súa incidencia e sitúase en 282 casos activos. Son 25 menos que onte. Soutomaior, pola súa banda, suma 147 infectados (cinco menos).
Tras eles, Moraña é o único municipio que ten unha incidencia por encima dos 750 casos por cada 100.000 habitantes. Iso si, reduce os seus casos activos en cinco. Ten 38 en total.
Apenas dous casos menos rexistra a cidade de Pontevedra con respecto a onte. Na Boa Vila hai 560 persoas infectadas con covid-19, o que sitúa a incidencia en 610.
Supéranlle, por esta orde, Caldas de Reis, Vilaboa, Meis, con 38 (igual); Ribadumia, Ponte Caldelas, con 47 (catro máis); Portas, con 17 (igual); Meaño, con 37 (un máis); e A Lama, con 19 (dous menos).
Dentro deste grupo só Cuntis, con 28 casos (un máis); e A Illa de Arousa, con 26 (dous menos); teñen menor incidencia que Pontevedra.
Vilagarcía de Arousa e Marín, que baixan os seus casos ata os 181 (doce menos) e os 127 (sete menos), reducen a súa incidencia acumulada por baixo de 500.
Outros seis municipios da área sanitaria atópanse neste mesmo nivel: Barro, con 19 casos activos (tres menos); O Grove, Cerdedo-Cotobade, Cambados, con 65 (dous menos); Vilanova de Arousa, con 42 (catro menos); e Campo Lameiro.
Os datos do Servizo Galego de Saúde demostran que unicamente Bueu, con 28 casos (igual que onte), ten unha incidencia acumulada de menos de 250 casos por cada 100.000 habitantes no últimos catorce días.
A incidencia acumulada a 14 días de cada municipio, a partir dos datos proporcionados polo Servizo Galego de Saúde, pódese consultar no mapa que acompaña a esta información.
Relacionadas:
-
Pontevedra baixa de 600 de incidencia acumulada por primeira vez en dúas semanas
Por Alejandro Espiño |
-
Dous novos falecementos aumentan a 130 as mortes de pacientes covid na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
O elevado número de altas fai baixar os casos activos na área sanitaria a pesar de sumar 91 novos contaxios
Por Diego Espiño |
-
Notable descenso dos casos de covid-19 en Pontevedra, Poio, Vilagarcía, Ponte Caldelas ou Sanxenxo
Por Redacción |
-
Un positivo en covid-19, denunciado por saltar o peche perimetral entre Pontevedra e Poio
Por Alejandro Espiño |