Unha muller de 57 anos, primeira falecida por covid en Montecelo sen que se lle coñeceran enfermidades previas
Por Redacción
Unha muller de tan só 57 anos converteuse, este luns, na vítima 92 da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés como consecuencia do coronavirus. A particularidade deste caso é que esta paciente, que se atopaba ingresada no Hospital Montecelo, non presentaba enfermidades previas no seu historial médico antes de contaxiarse de covid-19.
Segundo os datos ofrecidos por Sanidade desde que se notifican as mortes derivadas por esta pandemia, trátase da primeira paciente que falece nesta área sen presentar patoloxías previas. É a terceira vítima en tres días que falece no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP). A anterior vítima era tamén unha muller de 78 anos que falecía en Montecelo tras presentar enfermidades previas no seu cadro clínico.
Este luns, a Consellería de Sanidade notificaba o falecemento de 24 persoas en Galicia diagnosticadas con coronavirus. Estas mortes non se producían todos nesta xornada, senón que algúns se rexistraban na semana pasada, pero que ata as últimas horas non foron validadas por Saúde Pública para confirmar que faleceran por causa da infección de covid-19.
Desta forma, segundo a Consellería os falecementos foron os seguintes:
O día 14 morría unha muller de 93 anos na residencia integrada Bo Día Sagunto de Vigo. Procedía da residencia Moledo de Vigo.
O venres 15 falecía un home de 63 anos no Hospital Vithas Fátima de Vigo; unha muller de 83 anos na residencia San Bartolomeu de Xove e un home de 88 anos no Complexo Hospitalario de Ferrol.
O sábado 16 tamén se rexistraron outras dúas vítimas: un home de 86 anos no Complexo Hospitalario da Coruña e unha muller de 94 na residencia Domus VI de Vimianzo.
O domingo 17, ás nove vítimas que foran notificadas, hai que engadir 13 persoas máis, entre as que se atopaban dous homes, de 82 e 66 anos que perdían a vida no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, un deles procedente da residencia Paz e Ben de Tui.
Este luns, ademais da paciente de Montecelo, tamén morrían outras catro persoas, sempre segundo os datos facilitados por Sanidade. Neste caso, trátase dunha muller de 92 anos no Complexo Hospitalario da Coruña; un home de 87 anos no Complexo Hospitalario de Santiago; unha muller de 84, no Complexo Hospitalario de Ferrol e un home de 81 anos na residencia Santa Teresa de Jornet da Coruña.
Todas as vítimas, agás o caso da muller de 57 anos, presentaban patoloxías previas nos seus cadros clínicos. O número de vítimas en Galicia por mor da pandemia ascende xa a 1.536 persoas.
Relacionadas:
-
Tres falecementos este domingo en Montecelo e a área sanitaria xa supera o centenar de mortes por covid-19
Por Redacción |
-
Unha muller de 70 anos falece por covid no Hospital Montecelo entre as catro vítimas que se rexistran este sábado na provincia
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Un paciente de 74 anos, vítima 97 na área sanitaria, nunha xornada con 15 falecidos por covid en Galicia
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Núñez Feijóo advirte dunha semana "especialmente dura" e pide "vía libre" para o toque de queda ás oito
Por Alejandro Espiño |
-
A terceira onda segue desatada con outros 99 contaxios na área sanitaria
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra, A Lama, Meis e Moraña pasan a nivel máximo de restricións
Por Redacción |
-
As denuncias da Policía Local crecen a 75 na primeira fin de semana das novas restricións
Por Alejandro Espiño |
-
Detectan varios positivos de covid-19 no instituto de neuro-rehabilitación de La Merced
Por Alejandro Espiño |
-
Preocupación polo incremento "constante" de pacientes covid nos hospitais de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra pide á Xunta ser "flexible" coa mobilidade dos que viven en zonas limítrofes
Por Alejandro Espiño |
-
Os contaxios, en cifras máximas con 125 casos novos na área sanitaria
Por Oskar Viéitez |
-
Sanidade notifica nove vítimas de covid en Galicia este domingo, unha delas en Montecelo
Por Redacción |