Un paciente de 74 anos, vítima 97 na área sanitaria, nunha xornada con 15 falecidos por covid en Galicia
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido
A Consellería de Sanidade notificaba este venres 22 de xaneiro o falecemento de 15 persoas en Galicia diagnosticadas por covid. Entre elas atópase un home de 74 anos que perdía a vida no Hospital Montecelo durante as últimas horas. Segundo o Servizo Galego de Saúde no seu expediente clínico figuraban outras enfermidades previas ao contaxio por covid-19.
Con esta morte, o número de persoas falecidas na área sanitaria de Pontevedra desde o inicio da pandemia elévase a 97. Ao longo desta semana faleceron seis persoas no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP).
Entre o resto de falecementos que se notificaron este venres destaca a morte por covid-19 dun home, de tan só 46 anos de idade, que segundo os datos apuntados pola Consellería de Sanidade non presentaba ningunha enfermidade previa no seu historial médico.
Este home falecía no Complexo Hospitalario da Coruña onde tamén perdían a vida outro home, de 69 anos e unha muller de 86. Dous homes, de 82 e 87 anos, falecían na residencia Santa Teresa de Jornet e na DomusVI de Vimianzo. No Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol morrían dúas mulleres, de 76 e 87 anos.
Outras dúas mulleres, de 91 e 82 anos, falecían na residencia San José de Arzúa e a DomusVi de Ribeira, mentres que no Complexo Hospitalario de Ourense perdía a vida un home de 84 anos.
Na provincia de Pontevedra tamén falecían durante as últimas horas, un home de 64 anos, no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, do mesmo xeito que un home de 95 anos procedente da residencia Paz e Bien de Tui e unha muller de 90 anos, procedente da residencia Las Angélicas de Vigo.
Agás no caso do home de 46 anos na Coruña, o resto de persoas falecidas presentaban patoloxías previas. Con estas 15 mortes, o número de vítimas por esta enfermidade en Galicia sitúase en 1.599 persoas que perderon a vida desde que se notifican as mortes con motivo da fatal pandemia.
Relacionadas:
-
Tres falecementos este domingo en Montecelo e a área sanitaria xa supera o centenar de mortes por covid-19
Por Redacción |
-
Aumenta a presión hospitalaria: 117 persoas están ingresadas na área sanitaria por covid
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |
-
Unha muller de 70 anos falece por covid no Hospital Montecelo entre as catro vítimas que se rexistran este sábado na provincia
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
154 novos casos na área sanitaria e Galicia acada un novo máximo de positivos: 18.286
Por Redacción |
-
A área sanitaria pulveriza o seu pico de covid-19 con 1.485 contaxiados e case un cento de hospitalizados
Por Alejandro Espiño |
-
Preto dun millón de euros en material para afrontar a pandemia na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés
Por Redacción |
-
18 falecementos este xoves en Galicia por covid, entre eles dous homes no Hospital Montecelo
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Un matrimonio, de 81 e 80 anos, falece o mesmo día vítima do covid-19 no Hospital Montecelo
Por Redacción |
-
Unha muller de 57 anos, primeira falecida por covid en Montecelo sen que se lle coñeceran enfermidades previas
Por Redacción |