A renuncia de dous empresarios de Pontevedra obriga a buscar vocais para a nova Cámara de Comercio
Por Natalia Puga
A Dirección Xeral de Comercio mantén aberto un prazo de dez días para que os empresarios que eran vogais das cámaras de comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía antes de que estas se integrasen na nova Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía presenten a súa candidatura como vogais da nova entidade. O proceso, que se cría xa superado hai meses, tivo que volver abrirse tras a renuncia de dous vogais da cámara pontevedresa.
A resolución da Dirección Xeral, dependente da Consellería de Economía da Xunta de Galicia, á que tivo acceso PontevedraViva, ten como obxectivo cubrir unha vocalía vacante no Pleno da nova Cámara, na que Vigo e Vilagarcía están fusionadas e Pontevedra integrada. Terminado ese prazo de dez días, convocarase un sorteo público entre todos os candidatos presentados para elixir o vogal titular e aos suplentes, que quedarán en lista de espera no caso de que se produzan vacantes.
Os dous vogais que renunciaron ao seu posto no novo Pleno son Manuel Durán Tenorio, que estaba en representación de Induco, e Francisco Lorenzo Lemos, de Pastibueu.
Tras a súa renuncia, formalizada con data 29 de febreiro, foi necesario iniciar un novo proceso para buscar vogais porque ata agora non había suplentes. No Pleno da nova Cámara hai capacidade para un máximo de 60 vocalías, dos que 32 serán da Cámara de Vigo, 17 de Pontevedra e 11 de Vilagarcía.
As distintas cámaras debían propoñer aos seus vogais, pero no primeiro proceso de nomeamento de vogais, tan só foron propostos 51 representantes, oito deles de Pontevedra, e non había suplentes. Coa renuncia de Durán e Lorenzo, de Ponteveda tan só quedan seis, pero en total só quedan 49 e o mesmo decreto de integración das tres institucións establece que o mínimo de vogais no Pleno é 50, de modo que é necesario cubrir unha vacante -a que agora se está buscando-.
A renuncia de Manuel Durán e Francisco Lorenzo chega despois de que un empresario pontevedrés vogal da extinta Cámara de Comercio de Pontevedra formulase unha reclamación o 19 de febreiro en relación coa proclamación dos oito vocais nomeados como representantes de Pontevedra para o futuro Pleno integrado. Esa proclamación realizouse de acordo cunha certificación da secretaria cameral, Rosario Lorenzo, coa que non está de acordo.
O citado empresario reclama que Francisco Lorenzo foi nomeado como vogal de Pontevedra en represetación de Pastibueu, pero esta empresa non foi elixida como membro da Cámara de Pontevedra no proceso electoral para a elección dos membros dos órganos desta Cámara do ano 2010, senón que foi por aquel entón elixíronlle en nome dunha empresa agora liquidada.
Catro días despois, o 23 de febreiro, ese mesmo empresario formulou outra reclamación contra a proclamación de Manuel Durán e de Santiago Novoa, García, nomeado en representación de Abanca, alegando que a entidade bancaria noi foi elixida como membro da Cámara de Pontevedra nas últimas eleccións, de modo que non podía ser nomeado membro do Pleno.
Nesa reclamación, pedía tamén que se revisasen o resto de vocalías "por se estiveran incursas nalgunha circunstancia que puidera ser causa de perda de condición de membro do Pleno". Con todo, finalmente, esas reclamacións non foron resoltas, ante a renuncia dos vogais Durán Tenorio e Lorenzo Lemos.
Estas dúas renuncias poden ser interpretadas como un exemplo máis da falta de apoio á fusión que xa desde o principio se mostrou desde o tecido empresarial pontevedrés. O Pleno da Cámara de Pontevedra xa tivo dificultades o en 2015 para apoiar a fusión das tres cámaras, pois a pesar de que o presidente, Eduardo Barros, anunciara que o Pleno de Pontevedra aprobara por maioría a fusión, con todo, o decreto de integración revela que non ocorreu así, senón que nesa reunión non houbo quórum. Esta situación motivou que as cámaras de Vigo e Vilagarcía fusionáronse, pero a de Pontevedra integrouse nesa nova cámara.
Desde entón, os empresarios criticaron a fusión asegurando que o novo panorama supoñía unha "pérdida de peso" da capital en si mesma e fronte a Vigo e un grupo de empresarios presentou un recurso contra o decreto de integración das tres institucións. Ese malestar deriva xa doutros aspectos do funcionamento da Cámara e xa derivou nun recurso contencioso contra a Xunta por non intervir a entidade ante as irregularidades detectadas polo Consello de Contas no seu informe sobre a situación das cámaras e polas distintas causas xudiciais abertas.
A lista de representantes pontevedreses no Pleno da nova Cámara limítase actualmente a Eduardo Barros Pereira (Construcciones OGAPA), Antonio Casal Lago (Grupo Empresarial Ence), Manuel Castro Moldes (Mara Poio), Santiago Novoa García (Abanca), María Dolores Sánchez Núñez e Javier Lorenzo González (Grupo Monbus, recentemente detido no marco da Operación Cóndor).
Relacionadas:
-
A Cámara de Comercio fusionada estreará novo pleno sen necesidade de eleccións
Por Natalia Puga |
-
As frontes xudiciais abertas copan o Pleno da Cámara de Comercio
Por Natalia Puga |
-
Barros, de presidente en Pontevedra a vicepresidente da nova Cámara de Comercio integrada
Por Natalia Puga |
-
A falta de apoio dos empresarios á nova Cámara de Comercio deixa a Pontevedra con só oito vogais
Por Natalia Puga |
-
Malestar entre o tecido empresarial pola "pérdida de peso" de Pontevedra na nova Cámara de Comercio fusionada
Por Redacción |
-
A maioría do pleno da Cámara refrenda a fusión das institucións camerais de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Acordo para a fusión das Cámaras de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía
Por Redacción |
-
Dimisións e un Pleno imprevisto nunha 'desestabilizada' Cámara de Comercio
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
A Cámara de Comercio apraza por terceira vez a aprobación das súas contas anuais por falta de quórum
Por Natalia Puga |
-
A Cámara de Comercio falla no segundo intento de aprobar as súas contas anuais por falta de quórum
Por Natalia Puga |