Malestar entre o tecido empresarial pola "pérdida de peso" de Pontevedra na nova Cámara de Comercio fusionada
Por Redacción
A Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía deu un novo paso para facerse realidade, a publicación no Diario Oficial de Galicia deste luns. A noticia é un trámite máis no proceso de fusión entre as tres cámaras territoriais actuais, pero serviu para sacar á luz un malestar xeneralizado entre o tecido empresarial de Pontevedra e as comarcas máis próximas, todas as que dependen actualmente da Cámara de Pontevedra. Expresan que o novo panorama que se debuxa supón unha "pérdida de peso" da capital en si mesma e fronte a Vigo.
A nova Cámara prevé conservar todas as oficinas actuais, pero a súa sede será en Vigo, un foco de malestar para o tecido empresarial, que ve como o eixo da nova entidade afástase da capital. Pero a preocupación é maior ao analizar o decreto polo que se crea a nova Cámara unificada e o que detala da forma en que se organizará: Vigo terá maioría de representantes.
Así, o decreto establece que a nova entidade terá 60 represenantes, dos que 32 serán da actual Cámara de Vigo e tan só 17 de Pontevedra e 11 de Vilagarcía, o que significa que "Pontevedra pierde fuerza en cualquier decisión". Ademais, engaden que os votos de Vigo sempre serán máis que os de Pontevedra e Vilagarcía xuntos, de modo que poderá adoptar todas as decisións sen ter en conta ao resto da provincia. Ademais, terán un único secretario, de modo que a secretaria pontevedresa, Rosario Lorenzo, cuxa xestión está en entredito nos tribunais, deixará esta responsabilidade.
Tras coñecer esta circunstancia, empresarios de distintos sectores de actividade concluíron que, no proceso de negociacións, "nos han vendido. Mal vendido" e botan a culpa ao presidente da Cámara de Pontevedra, Eduardo Barros.
A Barros tamén lle reprochan que leva meses mentindo en relación coa fusión das cámaras, pois no seu día dixo que o Pleno de Pontevedra aprobara por maioría a fusión, pero o decreto recentemente publicado revela que non ocorreu así, non houbo maioría, requisito fundamental para a fusión. Como consecuencia desa situación, as cámaras de Vigo e Vilagarcía fusionáronse, pero a de Pontevedra integrouse nesa nova cámara.
Desde o sector empresarial mostran tamén a súa sorpresa polo contido do decreto en tanto que relata que a nova entidade "resultará claramente beneficiosa para os intereses xerais, en atención as indubidables vantaxes económicas, sociais e funcionais que comporta tal operación". Pregúntanse "qué intereses económicos",", pois, entre outras cuestións, ""ni siquiera sabemos cuál es la situación financiera de las tres cámaras por separado como para ver viable" a entidade integrada. No caso de Pontevedra, lembran que leva tres anos sen aprobar o orzamento anual por falta de quórum, de modo que "nin sequera sabemos cales son as contas reais".
Un grupo de empresarios xa mostrou o seu malestar con outros aspectos do funcionamento da Cámara de Pontevedra e presentou un recurso contencioso contra a Xunta por non intervir a entidade ante as irregularidades detectadas polo Consello de Contas no seu informe sobre a situación das cámaras e polas distintas causas xudiciais abertas contra a entidade. Agora estudian recorrer tamén o decreto de integración das tres institucións.
Relacionadas:
-
Barros, de presidente en Pontevedra a vicepresidente da nova Cámara de Comercio integrada
Por Natalia Puga |
-
A renuncia de dous empresarios de Pontevedra obriga a buscar vocais para a nova Cámara de Comercio
Por Natalia Puga |
-
Aprazada por reclamacións a constitución do goberno de nova Cámara de Comercio
Por Redacción |
-
A falta de apoio dos empresarios á nova Cámara de Comercio deixa a Pontevedra con só oito vogais
Por Natalia Puga |
-
Pontevedra quedará cun "punto de atención ao público" tras o traslado a Vigo da Cámara de Comercio
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta presentará en setembro a nova Cámara resultante da fusión das de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía
Por Redacción |
-
A Xunta traslada á Fiscalía un informe sobre a Cámara de Comercio para que decida se na súa xestión hai delito
Por Natalia Puga |
-
Francisco Moldes e Ricardo Mirón declaran como imputados pola súa etapa como presidentes da Cámara
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Un empresario denuncia ante a Xunta o proceso de fusión da Cámara de Comercio con Vigo e Vilagarcía
Por Redacción |
-
O Consello de Contas detecta irregularidades da Cámara de Comercio na xestión de Pomovil e Ferpalia
Por Natalia Puga |