Barros, de presidente en Pontevedra a vicepresidente da nova Cámara de Comercio integrada
Por Natalia Puga
A nova Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, formada como resultado da unión das tres antigas cámaras territoriais, ten desde este luns Pleno, comité executivo, presidente, vicepresidente e vogais. Toda unha estrutura organizativa que lle permitirá empezar a funcionar con normalidade a pesar de que o decreto que permitiu a súa fusión -integración no caso de Pontevedra- está recorrido.
Esa nova organización terá como cabeza visible ao ata agora presidente vigués, José García Costas, que asumirá a Presidencia, pero terá tamén representación pontevedresa. O ata agora presidente da desaparecida Cámara de Pontevedra, Eduardo Barros, será vicepresidente primeiro e o representante da empresa Ence na institución, Antonio Casal, será vogal.
No novo Pleno, que este luns celebrou a súa sesión de constitución, hai tan só seis vogais de Pontevedra a pesar de que inicialmente había oco reservado para once máis. O decreto de fusión das cámaras establecía que no Pleno da nova Cámara había capacidade para un máximo de 60 vogalías, dos que 32 serían da Cámara de Vigo, 17 de Pontevedra e 11 de Vilagarcía. Inicialmente, de Pontevedra había oito, pero dous renunciaron, de modo que quedaron tan só seis.
A lista de representantes pontevedreses no Pleno da nova Cámara limítase actualmente a Eduardo Barros Pereira (Construcións OGAPA), Antonio Casal Lago (Grupo Empresarial Ence), Manuel Castro Moldes (Mara Poio), Santiago Novoa García (Abanca), María Dolores Sánchez Núñez e Javier Lorenzo González (Grupo Monbus, recentemente detido no marco da Operación Cóndor). Todos acudiron ao Pleno excepto o representante de Mara.
Distintos sectores empresariais indicaron que ao haber só seis representantes Pontevedra está infrarrepresentada na nova entidade cameral. O novo vicepresidente primeiro, con todo, discrepa de tal afirmación, pois "está representada por aquellos que quieren representarla".
Respecto diso, Eduardo Barros insiste no papel que xoga a nova Cámara para "buscar ejes comunes de unión y no murallas de separación". "Si de verdad hay un espíritu de sentir colectivo empresarial en Pontevedra, se verá representada", indicou, á vez que animou aos empresarios máis críticos coa fusión a que participen e manifesten as súas ideas nos foros adecuados.
O vicepresidente primeiro aplaudiu que a nova Cámara xa empeza a traballar, ten un calendario estipulado e supón "aunar esfuerzos, trabajar en equipo y buscar sinergias" nunha Cámara que se converteu na de maior ámbito territorial e con maior número de empresas de Galicia. Segundo o seu presidente, dá cobertura a 80.000 empresas.
A creación da nova Cámara non afecta á actual sede de Pontevedra, que seguirá traballando cos mesmos empregados e servizos, mesmo prestará máis ao ter agora unha entidade máis forte detrás. A actual secretaria, Charo Lorenzo, que en xuño será xulgada pola primeira das súas causas xudiciais pendentes, seguirá formando parte do persoal.
A Cámara quedará constituída da seguinte forma:
- Presidente: José García Costas
- Vicepresidente primero: Eduardo Barros Pereira
- Vicepresidente segundo: Miguel Falcón Noya
- Vicepresidente tercero: José Silveira Cañizares
- Tesorero: José Manuel Fernández Alvariño
- Vocal: Antonio Casal Lago
- Vogal: Manuel Jesús García Rodríguez
- Vogal: Ignacio Granado Hernández
- Vogal: Santiago Novoa García
- Vogal: María José Táboas Cabral
- Vogal: Francisco Javier Touza Touza
Relacionadas:
-
A Cámara de Comercio fusionada estreará novo pleno sen necesidade de eleccións
Por Natalia Puga |
-
Charo Lorenzo, nomeada responsable da oficina cameral de Pontevedra
Por Redacción |
-
A renuncia de dous empresarios de Pontevedra obriga a buscar vocais para a nova Cámara de Comercio
Por Natalia Puga |
-
A falta de apoio dos empresarios á nova Cámara de Comercio deixa a Pontevedra con só oito vogais
Por Natalia Puga |
-
Malestar entre o tecido empresarial pola "pérdida de peso" de Pontevedra na nova Cámara de Comercio fusionada
Por Redacción |
-
Dimisións e un Pleno imprevisto nunha 'desestabilizada' Cámara de Comercio
Por Natalia Puga | Creada e actualizada