Alfonso Rueda, convencido de que Galicia "le ha mandado un mensaje a España"
Por Oskar Viéitez
O pontevedrés Alfonso Rueda comparecía exultante na sede do Partido Popular despois de que a formación que lidera revalidase a maioría absoluta no Parlamento de Galicia.
"O Partido Popular gañou as eleccións, sen ningunha dúbida", proclamou Alfonso Rueda que conseguiu 40 escanos, dous menos que en 2020, pero suficientes para que os populares poidan seguir gobernando tras quince anos ininterrompidos.
Nun discurso cheo de agradecementos, Rueda mostrouse convencido de que "hoy Galicia, de la que todo el mundo estaba pendiente, le ha mandado un mensaje a España".
Segundo dixo, non é outro que "aquí no queremos chantajes, ni hacerlos ni estar sometidos; no queremos privilegios, de ningún tipo, ni para nosotros ni para los demás; ni más que los demás ni menos que nadie. Queremos igualdad, responsabilidad y dignidad".
Rueda compareceu na sede do PP de Galicia acompañado pola súa muller, as súas fillas e a súa nai, entre aplausos e berros de "presidente, presidente!".
O líder do PP comprometeuse a facer o posible para "estar á altura de Galicia. Dos que me votaron e os que non".
Durante a súa intervención agradeceu o esforzo "a todos os que traballaron na campaña" nunha xornada electoral que conseguiu "a maior participación da historia das autonómicas" superando o 67%.
"Teño que dar as grazas pola confianza dos resultados electorais e pola honra de ser presidente", engadiu o candidato popular, que subliñou que a partir de agora "voume dedicar a facer a Galicia do futuro"
"E por se había algunha dúbida, por se algún non o tivese claro: sentimos orgullosos de ser galegos e de ser españois, sen tensións, sen disputas e sen problemas, diciámolo e non o entendían", proseguiu o presidente electo.
Rueda concluiu a súa intervención asegurando que "hoxe Galicia votou polo sentidiño. Creo que é a decisión correcta para Galicia e para España".
Relacionadas:
-
Rueda defende a Galicia hospitalaria na subida á romaría das Cabezas en Meis
Por Redacción |
-
Alfonso Rueda aposta en Vilanova por impulsar a Ruta Traslatio para potenciar a presenza de peregrinos
Por Redacción |
-
Rueda, de "celebración absoluta" tras o 18F: "Non vou perder nin un só minuto"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O voto emigrante, que se contará o luns 26 de febreiro, non ameaza a maioría absoluta do PP
Por Alejandro Espiño |
-
Besteiro asume "sen paliativos" o resultado do PSOE: "Ningún cambio se consegue da noite para a mañá"
Por Alejandro Espiño |
-
O PP, primeira forza en 54 concellos de Pontevedra; o BNG, nos outros sete
Por Alejandro Espiño |
-
Sumar, Podemos e Vox quedan fóra do Parlamento, que abre as portas a Democracia Ourensana
Por Oskar Viéitez |
-
Ana Pontón: "Galicia xa cambiou. Esta campaña cambiouno todo e nunca nada volverá ser igual"
Por Natalia Puga |
-
Alfonso Rueda contén o tirón de Ana Pontón e revalida a maioría absoluta do PP en Galicia
Por Alejandro Espiño |