Rueda defende a Galicia hospitalaria na subida á romaría das Cabezas en Meis
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Alfonso Rueda, presidente do Partido Popular de Galicia, realizaba este luns a tradicional subida á romaría de As Cabezas en Meis.
O líder do PP de Galicia puxo como exemplo esta celebración ao entender que resume os tesouros que agocha Galicia como atractivo turístico.
Tras o percorrido, Rueda defendeu que os visitantes que se achegan a Galicia buscan relaxarse e gozar da natureza, da gastronomía e do patrimonio.
Apostou por Galicia como sinónimo de calidade no ámbito internacional.
Luis López, presidente do PP de Pontevedra, tamén acudía con outros representantes á cita na romaría da Nosa Señora das Cabezas.
Alfonso Rueda mantivo un encontro tamén con alcaldes e portavoces da comarca do Salnés aos que agradeceu o esforzo realizado ao lograr apoios nas eleccións autonómicas de preto do 50% superando esa cifra en varios municipios como o de Meis.