![La trastienda #40](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/941/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/58c69f1daf-20170313-patxot-radio-trastienda-010.jpg)
La trastienda #40
Lun | 21:00 | 21:35
Non se perden un partido en Pasarón e ademais viaxan sempre que poden acompañando ao equipo granate. Pouco despois do "Día Internacional da Muller" en La Trastienda son "elas" as protagonistas. Recibimos a Chiña Caramés, Loli García e Ana Castillo, tres grandes afeccionadas do Pontevedra. Opinan sobre o momento do equipo, as súas posibilidades na Liga e as accións nas que veñen participando co colectivo de Peñas Agrupación Norte 1941, para xerar maior ambiente en Pasarón.