![La trastienda #57](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/e0a/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/59db596a14-20171009-patxot-trastienda-radio-013.jpg)
La trastienda #57
Lun | 21:00 | 21:41
O rugby é o protagonista desta edición da Trastienda. Falamos da fusión dos dous equipos pontevedreses, Mareantes RC e Pontevedra RC que, pendentes de completar a integración administrativa, xa camiñan da man co nome de Pontevedra Mareantes Rugby Club. Visítannos os presidentes de ambos, Félix Álvarez e Fran Lusquiños, ademais de Alberto Fernández, en representación do corpo técnico e Ruth Otero, unha das xogadoras do equipo feminino que xa prepara o que esperan sexa unha pronta incorporación efectiva á competición.